saltar ao contido

O Pleno do Parlamento de Galicia comeza lembrando ao ex-presidente Adolfo Suárez



Santiago, 25 de marzo de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, expresou esta tarde, ao inicio do Pleno, o “pesar “ da Cámara galega polo falecemento de Adolfo Suárez, ex-presidente do Goberno de España.
 
“Para el, a nosa lembranza, e para a súa familia, a nosa solidariedade e afecto”, afirmou a titular do lexislativo
galego.
 
O Pleno do Parlamento de Galicia, que inicialmente estaba convocado para as 10,00 horas de hoxe, retrasou o seu inicio, ata as 16,00 horas por mor do falecemento do ex-presidente do Goberno. As bandeiras ondean a media hasta no exterior do Pazo do Hórreo e locen crespóns negros no interior do edificio en sinal de loito.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina