4.2 10420 (09/PNP-000790)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Santalices Vieira, Miguel Ángel, e seis deputados/as máis
Sobre a mellora da accesibilidade do cidadán á información da propia historia clínica
Publicación da iniciativa, BOPG nº 146, do 02.08.2013
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a incrementar de forma progresiva a accesibilidade do cidadán á información contida no historia clínica».
4.4 18928 (09/PNP-001350)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fariñas Sobrino, Hipólito, e seis deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa pobreza enerxética da poboación en risco de exclusión social
Publicación da iniciativa, BOPG nº 240, do 19.02.2014
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a estudar as medidas máis adecuadas para paliar as necesidades enerxéticas da poboación en risco de exclusión social.
Así mesmo, ínstase a demandar do Goberno do Estado a definición de consumidor vulnerable á que se refire a nova Lei do sector eléctrico».
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.