• O premio na modalidade “Imaxina a Pintura” corresponde a alumnado do CEIP de Castrelo de Cambados
• Na modalidade “Escribe o teu conto” resultaron gañadores alumnos e alumnas do IES Antonio Fraguas, de Santiago
• O galardón na modalidade “Exprésate” recaeu nun grupo de alumnos e alumnas do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
• Resultaron finalistas nas tres modalidades alumnos e alumnas de Ponteareas, Sarria e Negreira
• Os premios entregaranse no Parlamento de Galicia o vindeiro 5 de maio
Santiago, 11 de abril de 2014.- O xurado encargado de seleccionar aos gañadores da cuarta edición do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia fixo pública a súa decisión, adoptada por unanimidade. Resultaron gañadores alumnos e alumnas do CEIP de Castrelos, de Cambados; do IES Antonio Fraguas de Santiago de Compostela; e do IES Plurilingüe Rosalía de Castro, tamén de Santiago de Compostela. O alumnado finalista está escolarizado no CPR Plurilingüe Santiago Apóstol de Ponteareas; no CPR La Merced, de Sarria; e no IES Xulián Magariños, de Negreira.
O fallo do xurado é o seguinte:
Modalidade “Imaxina a pintura” (dirixido a educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria):
• Alumnas e alumnos do grupo gañador: Saray Dadín Casal, Marta Castro Castro, Andrés González Arosa e Brais Wernink Portas.
• Clase: 1º de Primaria.
• Profesora que supervisou o traballo: Dª Natalia Lama González.
• Centro educativo: CEIP DE CASTRELO de Cambados. Pontevedra.
• Alumnas e alumnos do grupo finalista: Natalia Alonso Muñoz, Mencía Rodríguez Peña, Iria Lorenzo Garrido, Carlos Bautista Bugarín e Daniel Martínez Domínguez. Alumnas/os de 3º de primaria do CPR PLURILINGÜE SANTIAGO APÓSTOL de Ponteareas. Pontevedra
• Profesora que supervisou o traballo: Dª. Pilar Gallego Illán.
Modalidade “Escribe o teu conto” (dirixido a 4º, 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de educación secundaria)
• Alumnas do grupo gañador: Andrea Doce Méndez, Andrea Maroño Mato, Kenia Fernández Ruíz, Rosa Fernández Moldes e Estela López Vilas.
• Clase: 2º B da ESO.
• Profesora que supervisou o traballo: Dª. Guadalupe García Prieto.
• Centro educativo: IES ANTONIO FRAGUAS de Santiago de Compostela. A Coruña.
• Alumnas e alumnos do grupo finalista: Naila Mª González Rodríguez, Fátima Feijoó Valiña, Diandra Rodríguez Poyatos e David Xoel Carnero López. Alumnas/os de 5º de Educación Primaria do CPR LA MERCED de Sarria. Lugo
• Profesora que supervisou o traballo: Dª. Mª. Carmen García López
Modalidade “Exprésate” (dirixido a 3º e 4º de educación secundaria):
• Alumnas e alumnos do grupo gañador: Raquel Fernández Vieitez, María Concepción García Calvo, Mateo Bello Villarino, Jacobo Osorio Ríos e Andrés Sousa González.
• Clase: 4º C da ESO.
• Profesor que supervisou o traballo: D. Xabier Mouriño Cagide.
• Centro educativo: IES PLURILINGÜE ROSALÍA DE CASTRO de Santiago de Compostela. A Coruña.
• Alumnas e alumnos do grupo finalista: Rocío Iglesias Gómez, José Vicente Julia-García Suárez, Alba Tuñas Fornís, José Rujido Santos e Adrián Vidal Piñeiro. Alumnas e alumnos de 3º B da ESO do IES XULIÁN MAGARIÑOS de Negreira. A Coruña.
• Profesora que supervisou o traballo: Dª. María Blanco Crespo.
Esta cuarta edición do concurso foi convocada baixo o lema “O Parlamento de Galicia contigo e polos teus dereitos”. Esixíanse traballos de elaboración colectiva, feitos por entre dous e cinco alumnas e alumnos. Cada clase só podía presentar un traballo e cada colexio un máximo de cinco orixinais por modalidade. A selección foi efectuada no propio centro.
Achegar o Parlamento aos máis novos
O concurso escolar enmárcase na estratexia encamiñada a achegar o Parlamento de Galicia aos máis novos e forma parte dunha aposta máis ampla que inclúe outras accións como os plenos infantís e xuvenís, as charlas-coloquio de exdeputados en centros de secundaria, o programa de visitas guiadas ao Parlamento, a edición de material bibliográfico dirixido aos escolares e, máis recentemente, a exposición “51 páxinas das letras galegas”, inaugurada en decembro pasado e que está a percorrer diferentes puntos da xeografía galega.
Composición
A composición do xurado do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia é a seguinte:
Miguel Santalices Vieira, Vicepresidente 1º do Parlamento de Galicia. Preside o xurado.
María Concepción Burgo López, Vicesecretaria do Parlamento de Galicia.
María Soledad Piñeiro Martínez, presidenta da Comisión 4ª, Educación e Cultura, por delegación da presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera.
Vicente Docasar Docasar, deputado do Grupo Socialista, por delegación de María Soledad Soneira Soneira Tajes, Vicepresidenta 2º do Parlamento de Galicia.
Moisés Blanco Paradelo, deputado do Grupo Popular, por delegación de José Manuel Balseiro Orol, Secretario da Mesa do Parlamento.
Xosé Manuel Rosales Noves, profesor designado polo Parlamento de Galicia.