saltar ao contido

Pilar Rojo entrega os premios do Concurso Escolar do Parlamento e recorda que todo dereito comporta obrigas

A presidenta da Cámara felicita a todos os participantes nesta IV Edición, que deron exemplo de traballo en equipo e puxeron de manifesto que como en calquera competición, “participar é sempre o máis importante”
<p class='clearfix'></p>
• A presidenta da Cámara felicita a todos os participantes nesta IV Edición, que deron exemplo de traballo en equipo e puxeron de manifesto que como en calquera competición, “participar é sempre o máis importante”
• O premio na modalidade “Imaxina a Pintura” correspondeu ao alumnado do CEIP de Castrelo de Cambados
• Na modalidade “Escribe o teu conto” resultaron gañadores alumnos e alumnas do IES Antonio Fraguas, de Santiago
•  O galardón na modalidade “Exprésate” recaeu nun grupo de alumnos e alumnas do IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela
• Resultaron finalistas nas tres modalidades alumnos e alumnas de Ponteareas, Sarria e Negreira

 
Santiago, 5 de maio de 2014.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, entregou esta mediodía os premios da IV Edición do Concurso Escolar convocado pola Cámara galega baixo o lema  “O Parlamento de Galicia contigo e polos teus dereitos”.
 
Nun acto celebrado no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia, a presidenta do lexislativo galego agradeceu a participación nesta nova edición do Concurso Escolar, na que alumnos e alumnas de toda a Comunidade deron, en opinión de Pilar Rojo, “exemplo de traballo en equipo cos vosos compañeiros de clase”. “E todos –agregou Rojo Noguera-, os premiados e máis os que non o foron, puxestes de manifesto que, como en calquera outra competición, participar é sempre o máis importante”.
 
Dereitos e obrigas
 
Por iso, a presidenta do Parlamento felicitou a todos os participantes no Concurso Escolar e trasladou os seus parabéns aos gañadores e finalistas. Ao fío do lema do concurso deste ano, Rojo Noguera, recordou que o Parlamento traballa a cotío polos dereitos de todos os galegos e nel “se deciden as regras de xogo, é dicir, as leis”. 
Pero as leis, que establecen dereitos, “tamén sinalan as nosas obrigas”. Insistiu a presidenta do Parlamento en que “non existen dereitos sen obrigas en ningún eido da vida” e puxo un exemplo deportivo.
 
Gañadores e finalistas
 
Modalidade “Imaxina a pintura” (dirixido a educación infantil e 1º, 2º e 3º de educación primaria):
• Alumnas e alumnos do grupo gañador: Saray Dadín Casal, Marta Castro Castro, Andrés González Arosa e Brais Wernink Portas.
• Clase: 1º de Primaria.
• Profesora que supervisou o traballo: Dª Natalia Lama González.
• Centro educativo: CEIP DE CASTRELO de Cambados. Pontevedra.
 
• Alumnas e alumnos do grupo finalista: Natalia Alonso Muñoz, Mencía Rodríguez Peña, Iria Lorenzo Garrido, Carlos Bautista Bugarín e Daniel Martínez Domínguez. Alumnas/os de 3º de primaria do CPR PLURILINGÜE SANTIAGO APÓSTOL de Ponteareas. Pontevedra
• Profesora que supervisou o traballo: Dª. Pilar Gallego Illán.
 
Modalidade “Escribe o teu conto” (dirixido a 4º, 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de educación secundaria)
• Alumnas do grupo gañador: Andrea Doce Méndez, Andrea Maroño Mato, Kenia Fernández Ruíz, Rosa Fernández Moldes e Estela López Vilas.
• Clase: 2º B da ESO.
• Profesora que supervisou o traballo: Dª. Guadalupe García Prieto.
• Centro educativo: IES ANTONIO FRAGUAS de Santiago de Compostela. A Coruña.
 
• Alumnas e alumnos do grupo finalista: Naila Mª González Rodríguez, Fátima Feijoó Valiña, Diandra Rodríguez Poyatos  e David Xoel Carnero López. Alumnas/os de 5º de Educación Primaria do CPR LA MERCED de Sarria. Lugo
• Profesora que supervisou o traballo: Dª. Mª. Carmen García López
 
Modalidade “Exprésate” (dirixido a 3º e 4º de educación secundaria):
• Alumnas e alumnos do grupo gañador:  Raquel Fernández Vieitez, María Concepción García Calvo, Mateo Bello Villarino, Jacobo Osorio Ríos e Andrés Sousa González.
• Clase: 4º C da ESO.
• Profesor que supervisou o traballo: D. Xabier Mouriño Cagide.
• Centro educativo: IES PLURILINGÜE ROSALÍA DE CASTRO de Santiago de Compostela. A Coruña.
 
• Alumnas e alumnos do grupo finalista: Rocío Iglesias Gómez, José Vicente Julia-García Suárez, Alba Tuñas Fornís, José Rujido Santos e Adrián Vidal Piñeiro. Alumnas e alumnos de 3º B da ESO do IES XULIÁN MAGARIÑOS de Negreira. A Coruña.
• Profesora que supervisou o traballo: Dª. María Blanco Crespo.
 
Premios
 
Cada un dos gañadores recibe como premio unha táboa dixital e un lote de libros, mentres que os finalistas reciben un MP5 e un lote de libros. A clase de cada un dos tres grupos gañadores recibe como premio unha excursión de carácter educativo para visitar un lugar significativo de Galicia; o profesor ou profesora que supervisaron os traballos gañadores  recibiron unha táboa dixital. O centro educativo de cada un dos grupos ganadores recibe 2.000 euros  para a organización de actividades extraescolares  ou para a biblioteca do centro.
 
Esta cuarta edición do concurso foi convocada baixo o lema “O Parlamento de Galicia contigo e polos teus dereitos”. Esixíanse traballos de elaboración colectiva, feitos por entre dous e cinco alumnas e alumnos. Cada clase só podía presentar un traballo e cada colexio un máximo de cinco orixinais por modalidade. A selección foi efectuada no propio centro.
 
Achegar o Parlamento aos máis novos
 
O Concurso Escolar enmárcase na estratexia encamiñada a achegar o Parlamento de Galicia aos máis novos e forma  parte dunha aposta máis ampla que inclúe outras accións como os plenos infantís e xuvenís, as charlas-coloquio de exdeputados en centros de secundaria, o programa de visitas guiadas ao Parlamento, a edición de material bibliográfico dirixido aos escolares e, máis recentemente, a exposición “51 páxinas das letras galegas”, inaugurada en decembro pasado e que está a percorrer diferentes puntos da xeografía.
 
Composición
 
O xurado do Concurso Escolar do Parlamento de Galicia tivo a seguinte composición:
  Miguel Santalices Vieira, Vicepresidente 1º do Parlamento de Galicia. Preside o xurado.
  María Concepción Burgo López, Vicesecretaria do Parlamento de Galicia.
  María Soledad Piñeiro Martínez, presidenta da Comisión 4ª, Educación e Cultura, por delegación da presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera.
  Vicente Docasar Docasar, deputado do Grupo Socialista, por delegación de María Soledad Soneira Soneira Tajes, Vicepresidenta 2º do Parlamento de Galicia.
  Moisés Blanco Paradelo, deputado do Grupo Popular, por delegación de José Manuel Balseiro Orol, Secretario da Mesa do Parlamento.
  Xosé Manuel Rosales Noves, profesor designado polo Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina