Santiago, 4 de agosto de 2014.- O Pleno extraordinario do Parlamento de Galicia celebrado este mediodía aprobou o límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2015, que queda fixado en 8.436 millóns de euros.
A adopción deste acordo é unha esixencia do artigo 12 da lei 2/2011, do 16 de xullo, de Disciplina Orzamentaria e Sustentabilidade Financeira, que no seu artigo 12.1 sinala que “Aprobado o obxectivo de estabilidade do artigo 4.1, o Consello da Xunta acordará o límite máximo de gasto non financeiro dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma. Este acordo remitiráselle ao Parlamento de Galicia para a súa aprobación e achegaráselle o informe de estratexia financeiro-fiscal ao que se refire o artigo 1 1.2 desta lei”.