saltar ao contido

Pilar Rojo presenta o primeiro Manual de Dereito Constitucional adaptado aos requerimentos do Plan Bolonia


 A presidenta do Parlamento de Galicia enmarca o acto de presentación na política aperturista da Cámara galega e anima a afondar no coñecemento da Carta Magna
 
 
 
• “A Constitución española establece un marco de convivencia con espazo para todos e para todas as sensibilidades”, afirma Rojo Noguera
 
Santiago, 22 de setembro de 2010.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, animou hoxe ao conxunto dos cidadáns a afondar no coñemento da vixente Carta Magna, na medida en que “un mellor coñecemento da Constitución –esa gran descoñecida para moitos- implicaría maiores garantías de convivencia democrática”.
 
Afirmouno este mediodía, no Parlamento, durante o acto de presentación do Manual de Dereito Constitucional. Prácticas para o estudo comprensivo da materia, do que é autor Xosé Antón Sarmiento, letrado maior da Cámara galega e profesor da Universidade de Vigo.
 
O volume, editado pola Universidade de Vigo, contou co asesoramento pedagóxico de Patricia Murias Gil, orientadora do CSHG, e constitúe o primeiro Manual de dereito constitucional axustado aos requerimentos do Plan Bolonia.
 
Espazo para todos
 
“A Constitución española de 1978 estable un marco de convivencia con espazo para todos, e para todas as sensibilidades.  Atopar ese espazo é, en moitas ocasións, unha cuestión tamén de boa vontade”, aseverou Rojo Noguera.
 
A presentación celebrada este mediodía no Parlamento de Galicia enmárcase, en opinión da presidenta da Institución, na estratexia aperturista que guía o seu labor na actual lexislatura e que aspira a que “todos os días sexan de portas abertas nesa casa”.
 

Saúdos, Gabinete de Comunicación
 
 
 
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina