A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 16 de decembro de 2014, ás 16:30 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 9 de decembro de 2014, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Textos lexislativos
1.1 Debate e votación do Ditame, elaborado pola Comisión 3ª, Economía, Facenda e Orzamentos, do Proxecto de lei de medidas fiscais e administrativas (doc. núm. 29229, 09/PL-000021).
Publicación ditame da Comisión, BOPG n.º 384, do 01.12.2014
Publicación de emendas e votos particulares, BOPG n.º 384, do 01.12.2014
1.2 Debate de totalidade do Proxecto de lei de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa administración (doc. núm. 29642, 09/PL-000022).
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 368, do 05.11.2014
Publicación de emendas á totalidade, BOPG n.º 387, do 05.12.2014
1.3 Debate e votación do Ditame, elaborado pola Comisión 5ª, Sanidade, Política Social e Emprego, da Proposición de lei pola que se modifica a Lei 12/2013, do 9 de decembro, de garantías de prestacións sanitarias (doc. núm. 9964, 09/PPLI-000007)
Punto 2. Mocións
2.1 31123 (09/MOC-000103)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Ron Fernández, José Javier
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co crecemento das desigualdades en Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 27221, publicada no BOPG nº 342, do 17.09.2014, e debatida na sesión plenaria do 02.12.2014)
2.2 31129 (09/MOC-000104)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Acuña do Campo, María Carmen
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co proceso de xubilacións forzosas desenvolvido polo Sergas nos últimos anos (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 25351, publicada no BOPG nº 325, do 12.08.2014, e debatida na sesión plenaria do 02.12.2014)
2.3 31139 (09/MOC-000105)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a recuperación e o aproveitamento da superficie agraria, así como o incremento da base territorial das explotacións. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 29569, publicada no BOPG nº 369, do 06.11.2014, e debatida na sesión plenaria do 02.12.2014)
Punto 3. Proposicións non de lei en Pleno
3.1 29580 (09/PNP-002145)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Beiras Torrado, Xosé Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co déficit de tarifa do sector eléctrico
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 369, do 06.11.2014
3.2 29255 (09/PNP-002113)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e 3 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a paralización dos procesos de execución hipotecaria en curso, a procura polas entidades financeiras de solucións negociadas e compartidas e a devolución ás familias das cantidades indebidamente cobradas, así como a aplicación dunha quitación no importe das hipotecas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 365, do 30.10.2014
3.3 29543 (09/PNP-002140)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 8 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego para mellorar nas emerxencias a coordinación entre as entidades dependentes da Administración autonómica e local
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 369, do 06.11.2014
3.4 30285 (09/PNP-002187)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 9 máis
Sobre o impulso da Xunta de Galicia, ante a Administración competente, dun estudo das vías de recoñecemento e cualificación legal que inclúan, no ámbito laboral e da Seguridade Social, as singulares estruturas e funcións do deporte non profesional, especialmente no caso de figuras como adestradores, técnicos, monitores ou semellantes
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 380, do 26.11.2014
3.5 30375 (09/PNP-002210)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sobre a posición do Parlamento de Galicia e a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa redacción que presenta o Proxecto de lei de reforma da Lei Orgánica sobre protección da seguridade cidadá que se está a tramitar no Congreso dos Deputados
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 380, do 26.11.2014
3.6 30604 (09/PNP-002216)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pombo Rodríguez, Cosme Eladio e Paz Franco, María Tereixa
Sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Defensa en relación coas condicións de uso do campamento militar de Santa Cruz de Parga, no concello de Guitiriz
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 03.12.2014
3.7 30671 (09/PNP-002222)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda e Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas rebaixas salariais e en materia laboral que formula o plan de axuste aprobado por Citroën
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 03.12.2014
3.8 30726 (09/PNP-002231)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co remate do saneamento integral da ría de Pontevedra e a depuración dos concellos que verten nela, á vista da intención da Comisión Europea de denunciar a España e a Galicia diante do Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 386, do 03.12.2014
Punto 4. Interpelacións
4.1 25355 (09/INT-000903)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Burgo López, María Concepción e 2 máis
Sobre a proposta do ministro de Educación de cambiar a organización do ensino universitario e a implantación de graos de tres anos máis dous de máster
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 325, do 12.08.2014
4.2 26022 (09/INT-000946)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sobre a extensión da protección por desemprego no seu nivel asistencial ante as novas situacións de necesidade que creou a profunda e prolongada crise
Publicación da iniciativa polo procedemento de urxencia, BOPG n.º 336, do 08.09.2014
4.3 29722 (09/INT-001083)
Grupo Parlamentario Mixto
Iglesias Sueiro, Carmen
Sobre a privatización global do sistema público galego
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 372, do 12.11.2014
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
5.1 31084 (09/POPX-000109)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Méndez Romeu, José Luis
Sobre a valoración do incumprimento dos compromisos adquiridos polo presidente da Xunta de Galicia
5.2 31122 (09/POPX-000110)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Jorquera Caselas, Francisco Xesús
Sobre a valoración da situación enerxética de Galicia
5.3 31130 (09/POPX-000111)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as consecuencias económicas da xestión do presidente da Xunta de Galicia
Punto 6. Preguntas ao Goberno
6.1 25860 (09/POP-002329)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Paz Franco, María Tereixa
Sobre as actuacións que ten previsto realizar o Goberno galego para garantir un trato fiscal xusto para a tributación das pensións das persoas emigrantes retornadas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 334, do 04.09.2014
6.2 31133 (09/PUP-000168)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 8 máis
Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da incorporación do Concello de Carballo ao Plan de transporte metropolitano da área da Coruña
6.3 30632 (09/POP-002763)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Val Alonso, José Ramón e 4 máis
Sobre as medidas previstas polo Goberno galego en relación co impacto que vai ter a redución de incentivos polo servizo de interrompibilidade, no consumo de enerxía das instalacións industriais galegas intensivas, como Alcoa
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 03.12.2014
6.4 31083 (09/PUP-000165)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vázquez Fernández, Manuel e 3 máis
Sobre o número de doentes galegos que están a recibir os novos tratamentos contra a hepatite C
6.5 31124 (09/PUP-000167)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Beiras Torrado, Xosé Manuel e 6 máis
Sobre as políticas públicas que vai rectificar a Xunta de Galicia para reverter o incremento do paro e a precariedade laboral do persoal eventual do Sergas, nomeadamente o de enfermaría
6.6 29653 (09/POP-002686)
Grupo Parlamentario da Alternativa Galega de Esquerda
Díaz Pérez, Yolanda
Sobre as xestións levadas a cabo e previstas pola Xunta de Galicia diante do Goberno central para evitar as demoras e impagos de salarios ás persoas traballadoras da empresa Cleanet adxudicataria do servizo público de limpeza das dependencias do Arsenal en Ferrol
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 372, do 12.11.2014
6.7 30429 (09/POP-002746)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
García Pacín, María Isabel e 6 máis
Sobre o contido da liña de axudas da Consellería do Medio Rural e do Mar para o ano 2014 dirixida a potenciar as razas gandeiras autóctonas de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 380, do 26.11.2014
6.8 30639 (09/POP-002765)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodas Chapela, Daniel
Sobre as medidas adoptadas polo Goberno galego para posibilitarlle á frota artesanal do xeito a continuidade da pesca da sardiña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 386, do 03.12.2014
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria a devandita reunión.
Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2014
Pilar Rojo Noguera
Presidenta