saltar ao contido

Declaración Institucional do Parlamento de Galicia na que condena da utilización de artefactos explosivos

 

Declaración Institucional do Parlamento de Galicia
 
O Parlamento de Galicia condena a utilización de artefactos explosivos contra oficinas públicas ou locais partidarios, que se veñen sucedendo nos últimos días en distintos lugares de Galicia (A Estrada, Lugo, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas).
 
Reiteramos o noso compromiso inquebrantable coas fórmulas pacíficas de participación política, que son as únicas aceptables e compatibles co sistema democrático.

Parlamento de Galicia, 28 de setembro de 2010

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina