saltar ao contido

O Padroado do Museo do Pobo Galego entrega á presidenta do Parlamento o libro "Galicia: un pobo con futuro?"

 

Santiago, 2 de febreiro de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu esta mañá no seu despacho da Cámara ao presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Justo Beramendi González, acompañado Carlos García Martínez e Manuel Blanco Désar, que lle fixeron entrega do libro Galicia: Un pobo con futuro?. O noso devalo demográfico, editado polo Museo do Pobo Galego e Xerais. Tamén asistiu o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado.
 
O volume xurde dos foros de reflexión e debate sobre o reto demográfico de Galicia organizados polo Instituto de Estudos das Identidades, encadrado no Museo do Pobo Galego, e incorpora, ademais, unha escolma de expertos e persoeiros en relación co devalo demográfico de Galicia.

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina