Santiago, 18 de marzo de 2015.- O valedor do pobo, José Julio Fernández, entregou esta mañá á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, o informe ordinario desta institución correspondente ao exercicio de 2014.
Coa entrega do documento comeza a tramitación parlamentaria do informe, que culminará cunha comparecencia do Valedor ante o Pleno do Parlamento de Galicia.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.