4.1 32525 (09/PNP-002375)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Prado del Río, Paula e 7 máis
Sobre a adopción polo Goberno galego das medidas necesarias para a posta en práctica das guías previstas no Plan de mellora da contratación pública
Publicación da iniciativa, BOPG nº 410, do 05.02.2015
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar as medidas necesarias para a posta en práctica das seguintes guías:
- Guía de colaboración público-pública.
- Guía para unha contratación pública aberta ás pemes.
- Guía de contratación pública innovadora.
- Guía de cláusulas sociais e ambientais na contratación
pública".
4.3 36411 (09/PNP-002659)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fariñas Sobrino, Hipólito e 7 máis
Sobre a adopción por parte do Goberno galego das medidas necesarias para afondar na implantación de programas educativos, metodoloxías e materias que promovan a mellora nas destrezas en expresión oral do alumnado galego de ESO e bacharelato
Publicación da iniciativa, BOPG nº 456, do 29.04.2015
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a adoptar as medidas necesarias para afondar na implantación de programas educativos e metodoloxías e mesmo de materias que promovan a mellora nas destrezas en expresión oral mediante prácticas discursivas, de oratoria e de argumentación, que redunden nunha maior capacidade expresiva do alumnado galego de ESO e bacharelato".
4.7 36850 (09/PNP-002692)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Val Alonso, José Ramón e 2 máis
Sobre a realización de xestións polo Goberno galego ante o Goberno central para a interposición dunha demanda ante o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos contra Noruega por discriminar e non lles recoñecer aos mariñeiros galegos os anos traballados en barcos daquel país
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 460, do 06.05.2015
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que se dirixa ao Goberno do Estado para que presente unha demanda diante do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos contra o Estado noruegués por incumprir o Convenio europeo de dereitos humanos en canto á vulneración da prohibición de discriminación por razón de nacionalidade".
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.