saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 30 de setembro de 2015


5.7 39524 (09/PNP-002880)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel
Sobre a pesca de bocarte na zona CIEM IXa, aprobada pola Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca
Publicación da iniciativa, BOPG nº 511, do 02.09.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a asumir como propia a proposta en relación coas posibilidades de pesca de bocarte na zona CIEM IXa, aprobada pola Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca, de tal xeito que este sexa o documento de referencia para defender os intereses da frota galega diante das comunidades autónomas e o Goberno central.»
 
5.8 41036 (09/PNP-002977)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Angel, e oito deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa xestión, a explotación, o mantemento e a conservación da estación depuradora de augas residuais e instalacións complementarias de cabo Prioriño
Publicación da iniciativa, BOPG nº 520, do 16.09.2015
O texto aprobado é o seguinte:
 
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Garantir con todos os instrumentos legais ao seu alcance que o Concello de Ferrol cumpra coas obrigas adquiridas no que atinxe á xestión, explotación, mantemento e conservación da EDAR e das instalacións complementarias, garantindo en todo momento o saneamento e depuración das augas residuais de Ferrol, de acordo coas competencias que lle son propias ao Concello de Ferrol, segundo o artigo 25 da Lei de bases de réxime local, na dita materia.
 
2. Prestar colaboración técnica e asesoramento ao Concello de Ferrol para completar o proceso de conexión de todos os interceptores á rede de saneamento, ata completar todas as fases deste, de acordo co plan predeseñado, e que ten un calendario que se prolonga ata finais do segundo semestre deste ano, en función das fases de paulatina incorporación da poboación atendida ata acadar os 113.148 habitantes equivalentes previstos.»

Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina