Santiago, 14 de outubro de 2010.- O Parlamento de Galicia acollerá mañá un acto institucional para sumarse á celebración do Día Internacional de Loita contra a Pobreza, que se celebra o 17 de outubro.
Neste sentido, a Cámara galega amosará desde mañá e ata finais da próxima semana, unha exposición fotográfica titulada Prioridade I. Pobreza e exclusión social, organizada pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN - Galicia).
As imaxes expostas son as resultantes do I Concurso de Fotografía Inclusiva convocado por EAPN Galicia.
O acto inaugural, que se celebrará ás 11,00 horas no Parlamento de Galicia, contará coa asistencia da presidenta da Cámara, Pilar Rojo Noguera, con representantes dos grupos parlamentarios e de preto dunha vintena entidades integradas na Rede Galega de Loita contra a Pobreza.
Saúdos, Gabinete de Comunicación