saltar ao contido

O Parlamento recibe a Memoria 2014 da Fiscalía Superior de Galicia

Santiago, 21 de outubro de 2015.- A presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, recibiu hoxe ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes, quen lle fixo entrega da Memoria Anual da Fiscalía Superior correspondente ao exercicio de 2014.
 
Coa entrega da Memoria Anual de 2014 da Fiscalía da Comunidade Autónoma de Galicia dase cumplimento ao artigo 11.2 do Estatuto Orgánico do Ministerio Fiscal. O trámite de hoxe terá continuidade, no seu día, cunha comparecencia do fiscal superior de Galicia na Comisión 1ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, do Parlamento de Galicia.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina