saltar ao contido

O Parlamento convoca oito bolsas para a formación práctica de titulados universitarios

· As bases publicáronse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia de hoxe e os interesados dispoñen dun prazo de 15 días para presentar as solicitudes.

Santiago, 9 de novembro de 2015.- O Boletín Oficial do Parlamento de Galicia publica, na súa edición de hoxe, as bases da  convocatoria de oito bolsas para a formación práctica de persoas en posesión dun título de grao ou licenciatura universitaria na sede do lexislativo galego.
 
A convocatoria, tamén anunciada no Diario Oficial de Galicia, inclúe tres bolsas de formación en arquivo, biblioteca e documentación; unha bolsa de formación en comunicación institucional; dúas bolsas de formación en publicacións; unha bolsa de formación en informática; e unha bolsa de formación en xestión parlamentaria.
 
Trátase da sexta edición dunha iniciativa que ten a súa orixe nun protocolo asinado entre a presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo, e os reitores das tres universidades galegas en maio de 2010.
 
Cada una destas bolsas de formación práctica terá una duración de doce meses. As bases da convocatoria poden en consultarse no Boletín Oficial do Parlamento de Galicia (http://www.parlamento.gal/sitios/web/BibliotecaBoletinsOficiais/B90548.pdf) e na propia web da institución. Os interesados dispoñen dun prazo de quince días naturais, contados a partir de mañá, para presentar as solicitudes.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina