saltar ao contido

O novo xefe superior de Policía de Galicia efectúa unha visita institucional ao Parlamento

Santiago, 11 de abril de 2016.- O presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, reuniuse este mediodía co novo xefe superior de Policía de Galicia, Manuel Vázquez López, no marco dunha visita institucional que o responsable policial efectuou á Cámara lexislativa.

Manuel Vázquez López tomou posesión como xefe superior de Policía de Galicia o pasado 4 de abril e a de hoxe foi unha visita de presentación. O presidente do Parlamento trasladou ao novo xefe superior de Policía de Galicia os seus mellores desexos para a nova etapa que comeza na Comunidade Autónoma.
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina