Santiago, 9 de maio de 2016.- O Parlamento de Galicia acollerá mañá martes, 10 de maio, unha nova campaña de animación á doazón de sangue promovida dende Centro de Transfusión de Galicia da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, co obxectivo de fomentar este xesto solidario e incentivar a participación de todos os deputados e deputadas, xornalistas e persoal da institución, pero tamén do conxunto da cidadanía.
Unha unidade móbil estará ubicada na entrada principal do Parlamento de Galicia, onde atenderá aos doadores das 09,30 ás 14,30 horas, horario durante o que permanecerá aberto o acceso principal do recinto do Hórreo, para facilitar tamén a participación de todas as persoas que desexen sumarse a esta iniciativa solidaria.
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.