saltar ao contido

Proposicións non de lei aprobadas polo Pleno do Parlamento de Galicia o 8 de xuño de 2016

 
4.2  40465 (09/PNP-002943)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Gómez Alonso, Alejandro e 2 máis
Sobre a posta en servizo por parte da Xunta de Galicia do novo acceso ao porto de Burela no ano 2016
Publicación da iniciativa, BOPG nº 515, do 09.09.2015
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a poñer en servizo o acceso ao porto de Burela no ano 2016”.

4.5  49646 (09/PNP-003624)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 7 máis
Sobre o impulso polo Goberno galego da compra pública innovadora en todas as administracións de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG nº 638, do 27.04.2016
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar a compra pública innovadora en todas as administracións galegas, como medida para promover a mellora dos servizos públicos e exercer un efecto tractor na innovación do tecido empresarial e nos centros de coñecemento galegos”.
 
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.


Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina