Santiago, 15 de xullo de 2016.- O conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo López, entregoulle hoxe ao presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, a memoria de actividades e os informes de fiscalización correspondentes ao seu Plan de Traballo.
Tamén lle entregou o proxecto do novo Regulamento de Réxime Interior do Consello de Contas para a súa tramitación e aprobación pola Comisión Permanente non Lexislativa para as Relacións co Consello de Contas do Parlamento de Galicia. Este proxecto elaborouse para adaptar o Regulamento anterior á Lei 8/2015, do 7 de agosto, de reforma da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas.
Os informes de fiscalización de carácter xeral corresponden ao exercicio 2014 (contas xerais da Administración, do Sergas, da Administración instrumental, ou das entidades locais), e os informes específicos refírense a distintos exercicios anteriores.
A documentación achegada inclúe os seguintes documentos e informes:
Documentos
• Memoria anual de actividades do Consello de Contas de Galicia correspondente ao exercicio 2015
• Contas anuais da institución referentes ao exercicio 2015
• Informe sobre as contas rendidas en 2015 correspondentes ao exercicio 2014
Informes de fiscalización sobre o sector público de Galicia
• Declaración definitiva sobre o exame e comprobación da Conta Xeral da Comunidade Autónoma e Conta xeral da Administración da Comunidade Autónoma, ex.2014
• Informe de fiscalización do Plan Ágora. Agora Re-comercia, ex.2010-2013
• Informe de fiscalización do Programa de Ordenación das producións forestais, ex. 2013
• Informe de fiscalización de Subvencións e Axudas da Administración da Comunidade Autónoma (Fondos Propios), ex. 2012-2013.
• Informe de Fiscalización de Encomendas de Xestión, ex. 2013
• Informe de Fiscalización da Conta Xeral do Servizo Galego de Saúde, ex. 2014.
• Informe de fiscalización sobre os Obxectivos da Área do Sergas formulados no documento Orzamentario, ex. 2011-2013.
• Informe de Fiscalización dos Fondos europeos, ex. 2014
• Informe de Fiscalización dos Fondos de compensación interterritorial, ex 2013
• Informe Económico Financeiro das Entidades Instrumentais Autonómicas, ex. 2014
• Informe de fiscalización das resolucións e acordos contrarios aos reparos formulados polas intervencións locais. Concellos entre 25.000 e 100.000 habitantes, ex.2013
• Informe de fiscalización sobre o Plan de pago a provedores das entidades locais de Galicia, ex.2013
• Informe de Fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais, ex. 2014.
• Informe de Fiscalización da Xestión recadatoria de tributos, prezos públicos e outros delegados polos concellos na Deputación de A Coruña, ex. 2012
• Informe de Fiscalización da Xestión recadatoria de tributos, prezos públicos e outros delegados polos concellos na Deputación de Lugo, ex. 2012
• Informe de Fiscalización da Xestión recadatoria de tributos, prezos públicos e outros delegados polos concellos na Deputación de Pontevedra, ex. 2012
• Informe de Fiscalización da Xestión recadatoria de tributos, prezos públicos e outros delegados polos concellos na Deputación de Ourense, ex. 2012
• Informe de Fiscalización do Concello de Viveiro, ex. 2011
Os informes de fiscalización aprobados polo Pleno do Consello de Contas de Galicia durante o ano 2016, atópanse dispoñibles a texto completo na sede web da Institución
www.ccontasgalicia.es
Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.