saltar ao contido

Minuto de silencio do Parlamento de Galicia en repulsa contra o atentado de Niza

Santiago, 15 de xullo de 2016.- O Parlamento de Galicia gardou este mediodía un minuto de silencio en repulsa contra o atentado de Niza e en memoria das vítimas. Participaron neste acto o presidente da Cámara, deputados e deputadas, persoal da institución, do Valedor do Pobo e do Consello de Contas de Galicia.
 
O presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, expresou esta mañá a súa solidariedade co pobo francés e fixo votos para “que o Estado de Dereito prevaleza por encima de todo”. Tamén en sinal de dó, as bandeiras ondean a media hasta no Parlamento de Galicia.
 
 

Saúdos,
Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina