saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 13 de decembro de 2016

 
 
A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 13 de decembro de 2016, ás 10:00 horas, no Pazo do Parlamento.
 
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 3 de decembro de 2016, a orde do día da sesión é a seguinte
 
Punto 1. Solicitudes de creación de comisións de investigación
 
1.1 712 (10/SCI-000001)
 A proposta dos 41 deputados e deputadas pertencentes ao Grupo Parlamentario Popular de Galicia, para analizar e avaliar a evolución económico-financeira das antigas caixas de aforros e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos, co obxecto de rematar os traballos realizados na IX Lexislatura
 Publicación da solicitude de creación, BOPG n.º 11, do 10.11.2016
 
1.2 966 (10/SCI-000002)
 A proposta dos grupos parlamentarios dos Socialistas de Galicia e do Bloque Nacionalista Galego, para analizar e avaliar os resultados para o sistema financeiro galego da fusión das antigas caixas de aforros galegas e as causas e responsabilidades da súa transformación nunha institución bancaria de carácter privado, investigar a venda de Novagalicia Banco e a situación do crédito en Galicia, establecendo un prazo máximo de conclusións dos seus traballos de 6 meses, partindo do traballo realizado na IX Lexislatura, e abrindo un novo período de comparecencias e solicitudes de documentación
 Publicación da solicitude de creación, BOPG n.º 16, do 17.11.2016
 
Punto 2. Mocións
 
2.1 1619 e 1737 (10/MOC-000001)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as medidas que debe adoptar a Xunta de Galicia en relación coa exclusión social e a pobreza. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 375, publicada no BOPG nº 6, do 3.11.1016, e debatida na sesión plenaria do 22.11.2016)
 Publicación do acordo, BOPG n.º 22, do 30.11.2016
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 22, do 30.11.2016
 
2.2 1624 (10/MOC-000002)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
 Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego para garantir que ningunha persoa ou familia sexa desafiuzada da súa vivenda habitual en Galicia. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 480, publicada no BOPG nº 7, do 4.11.1016, e debatida na sesión plenaria do 22.11.2016)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
 
2.3 1660 (10/MOC-000004)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central en relación co desemprego e a precariedade laboral. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 649, publicada no BOPG nº 10, do 9.11.1016, e debatida na sesión plenaria do 22.11.2016)
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
 
Punto 3. Proposicións non de lei en Pleno
 
3.1 477 (10/PNP-000020)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre a elaboración e aprobación pola Xunta de Galicia do Plan Retorna para fomentar a volta das persoas mozas emigradas, así como a súa dotación orzamentaria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 7, do 04.11.2016
 
3.2 927 (10/PNP-000079)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central e as actuacións que debe levar a cabo en relación coa tramitación da Proposición de lei orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia, así como o rescate de autoestradas con fondos públicos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
 
3.3 944 (10/PNP-000082)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Álvarez Martínez, Luis Manuel e Burgo López, María de la Concepción
 Sobre a recuperación polo Goberno galego do programa de gratuidade dos libros de texto en todos os cursos de educación primaria e educación secundaria obrigatoria
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
 
3.4 1050 (10/PNP-000097)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre a recuperación pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da xestión directa dos comedores escolares, así como a actuación que debe levar a cabo para o establecemento dun único modelo de comedor escolar para toda Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
3.5 1211 (10/PNP-000108)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 4 máis
 Sobre o desenvolvemento pola Xunta de Galicia dunha estratexia de infraestrutura verde que cree unha rede de espazos naturais e seminaturais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
3.6 1254 (10/PNP-000113)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 2 máis
 Sobre o artellamento polo Goberno galego dos instrumentos e das modificacións lexislativas necesarias para dotar Galicia dun sistema integral de protección ás persoas denunciantes de prácticas de corrupción, ilícitas e fraudulentas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 19, do 24.11.2016
 
3.7 1272 (10/PNP-000117)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa tramitación da Proposición de lei aprobada polo Parlamento de Galicia referida á transferencia da titularidade e xestión da autoestrada AP-9 á Xunta de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
3.8 1397 (10/PNP-000129)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Romero Fernández, Cristina Isabel e 5 máis
 Sobre a creación polo Goberno galego dunha tarxeta dirixida especificamente aos peregrinos a Compostela que aglutine diferentes servizos de interese para eles
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
 
Punto 4. Interpelacións
 

4.1 791 (10/INT-000013)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa igualdade salarial efectiva entre homes e mulleres
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
 
4.2 995 (10/INT-000026)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
 Sobre a política do Goberno galego en materia de prevención do consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
 
4.3 1315 (10/INT-000045)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Losada Álvarez, Abel Fermín e Pérez Seco, José Manuel
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa pobreza enerxética
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
5.1 1979 (10/POPX-000004)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre os resultados que o Goberno galego pretende obter para Galicia na revisión do modelo de financiamento autonómico
 
5.2 2104 (10/POPX-000005)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre os acordos de país anunciados polo Sr. presidente da Xunta de Galicia
 
5.3 2119 (10/POPX-000006)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a decisión de Pemex de abandonar o proxecto anunciado no porto exterior da Coruña
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
6.1 1061 (10/POP-000095)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos convenios asinados por Augas de Galicia cos concellos no segundo cuadrimestre de 2016
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
6.2 1150 (10/POP-000101)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón
Sobre a opinión do Goberno galego respecto do cumprimento no proxecto denominado Centro de Xestión Ambiental de Lousame das normativas europea, estatal e autonómica vixentes no referido á xerarquía do tratamento de residuos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
6.3 1484 (10/POP-000161)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 2 máis
Sobre a opinión da Xunta de Galicia respecto do estado medioambiental da ría de Arousa
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
 
6.4 736 (10/POP-000117)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 4 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto do funcionamento da implantación da Tarxeta Xente Nova desde a súa activación
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
6.5 1320 (10/POP-000146)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Sánchez García, Antón e 13 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística en relación coa pobreza enerxética
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
 
6.6 2090 (10/PUP-000035)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa Olalla
Sobre a valoración da Xunta de Galicia en relación co incumprimento pola empresa Pemex dos seus compromisos de construción naval nos estaleiros de Barreras, así como as posibles consecuencias para o sector naval galego
 
6.7 2118 (10/PUP-000036)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e Lago Peñas, José Manuel
 Sobre o deterioro existente en Galicia na distribución do emprego por idades
 
6.8 1250 (10/PUP-000034)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Blanco Rodríguez, Noela e 2 máis
Sobre a valoración do Goberno galego en relación coa xestión que está a levar a cabo a Xerencia do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 19, do 24.11.2016
 
6.9 1371 (10/POP-000150)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 López Crespo, Carlos Enrique e 3 máis
Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto da posible incidencia do "Brexit "no sector pesqueiro galego
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016

Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
 
Santiago de Compostela, 5 de decembro de 2016

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina