Santiago, 13 de decembro de 2016.- Unha unidade móvil da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos desprazouse esta mañá ao Parlamento de Galicia no marco da campaña que desenvolve en empresas e organismos públicos para recoller doazóns de sangue.
O presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, acompañado pola directora da Axencia de Sangue, Órganos e Tecidos, Marisa López García, visitou este mediodía a unidade móbil estacionada no recinto do Lexislativo galego. Santalices Vieira valorou o traballo de todos os profesionais da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue e animou ao conxunto da sociedade a doar sangue.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.