saltar ao contido

Orde do día do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o día 27 de decembro de 2016

 
A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 27 de decembro de 2016, ás 10:00 horas, no Pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 20 de decembro de 2016, a orde do día da sesión é a seguinte
 
Punto 1. Designación de dous candidatos ou candidatas a maxistrado ou maxistrada do Tribunal Constitucional para lle presentar ao Senado.
 
Punto 2. Mocións
 
2.1 2338 (10/MOC-000005)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Vázquez Verao, Paula
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa igualdade salarial. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 791, publicada no BOPG nº 15, do 16.11.2016, e debatida na sesión plenaria do 13.12.2016)
 
2.2 2351 (10/MOC-000006)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en materia de prevención do consumo de bebidas alcohólicas por menores de idade (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 995, publicada no BOPG nº 15, do 16.11.2016, e debatida na sesión plenaria do 13.12.2016)
 
2.3 2352 (10/MOC-000007)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Losada Álvarez, Abel Fermín
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa pobreza enerxética (Moción, a consecuencia da Interpelación núm. 1314, publicada no BOPG nº. 21, do 29.11.2016, e debatida na sesión plenaria do 13.12.2016)
 
Punto 3. Proposicións non de lei ante o Pleno
 
3.1 788 (10/PNP-000064)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 12 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central para a modernización da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, a través de Monforte de Lemos, e a conexión en alta velocidade de Lugo coa Meseta.
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
3.2 1345 (10/PNP-000122)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para acadar a mesma carga lectiva en galego que en castelán nos distintos cursos da ESO
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 21, do 29.11.2016
 
3.3 1595 (10/PNP-000147)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co cumprimento da lexislación vixente en materia de igualdade no eido do ensino
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 07.12.2016
 
3.4 1638 (10/PNP-000152)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
 Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para incrementar o número de xulgados especializados en violencia de xénero en Galicia, así como a formación específica e periódica na materia en todos os sectores da xustiza e a posta en marcha do acompañamento xudicial personalizado
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 07.12.2016
 
3.5 1671 (10/PNP-000153)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Quinteiro Araújo, Paula e 3 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para loitar contra a violencia de xénero no medio rural
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 07.12.2016
 
3.6 1688 (10/PNP-000157)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación coa actividade da planta de produción de cloro de Elnosa en Lourizán, en Pontevedra
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 07.12.2016
 
3.7 1873 (10/PNP-000180)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 4 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de reducir o diagnóstico tardío da infección por VIH, ou sida
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 28, do 14.12.2016
 
3.8 2126 (10/PNP-000193)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 5 máis
 Sobre a elaboración polo Goberno galego dunha estratexia integral para os galegos retornados, para o período 2017-2020, coa participación das súas asociacións representativas e das comunidades galegas no exterior
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 28, do 14.12.2016
 
Punto 4. Interpelacións
 

4.1 1044 (10/INT-000031)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Fernández, Raúl e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa execución da liña de alta velocidade ferroviaria en Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
4.2 1876 (10/INT-000076)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa violencia de xénero en persoas menores de idade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 28, do 14.12.2016
 
4.3 2077 (10/INT-000082)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva e 2 máis
 Sobre a situación asistencial da sanidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 28, do 14.12.2016
 
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
5.1 2371 (10/POPX-000007)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre a previsión de novas medidas para combater a regresión demográfica de Galicia
 
5.2 2372 (10/POPX-000008)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre a súa posición respecto da defensa dun concerto económico para Galicia
 
5.3 2380 (10/POPX-000009)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre as medidas que pensa implementar o Gobeno galego ante o drama social da violencia e os asasinatos machistas
 
Punto 6. Preguntas ao Goberno
 
6.1 1209 (10/POP-000110)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
 Sobre as razóns do Goberno galego para non elixir o réxime de concorrencia competitiva para a convocatoria, a través da Orde do 14 de xuño de 2016 e dentro do Plan específico extraordinario de investimentos, de subvencións destinadas á mellora de infraestruturas e equipamentos nos concellos de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
6.2 1735 (10/POP-000182)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Santos Queiruga, Carmen e Villares Naveira, Luis
 Sobre o índice de denuncias e de casos de violencia de xénero rexistrados na Administración pública galega no ano 2016
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 07.12.2016
 
6.3 2384 (10/PUP-000041)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 2 máis
 Sobre o tratamento da información nos medios de comunicación no referido aos casos de violencia machista
 
6.4 1298 (10/POP-000143)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego en relación co nivel de execución que presentan no primeiro semestre de 2016 os investimentos previstos para Galicia nos orzamentos do Estado
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
6.5 2373 (10/PUP-000040)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rivas Cruz, José Luis
 Sobre a actuación do Goberno galego diante das ameazas dos acuíferos e da destrución da singular paraxe que conforma o entorno do nacemento do río Miño, no chamado Pedregal de Irimia
 
6.6 1017 (10/POP-000090)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Fernández, Raúl e 5 máis
 Sobre a información do Goberno galego respecto do reinicio das obras nos tramos da liña de alta velocidade na provincia de Lugo paralizadas polo Ministerio de Fomento
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
 
6.7 1851 (10/POP-000197)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 4 máis
 Sobre o contido que vai ter o Programa Acude e Axuda do Sergas
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 26, do 07.12.2016
 
6.8 2334 (10/PUP-000037)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 López Crespo, Carlos Enrique e 3 máis
 Sobre a valoración da Xunta de Galicia respecto da posible incidencia do "Brexit" no sector pesqueiro galego
 
6.9 2356 (10/PUP-000038)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Torrado Quintela, Julio e Toja Suárez, María Dolores
 Sobre a valoración da Xunta de Galicia en relación coa regulación da actividade de extracción do percebe
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
O que lle comunico para o seu coñecemento e a súa convocatoria á devandita reunión.
 
Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2016
 
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina