saltar ao contido

Acordo da 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 22 de decembro de 2016

A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 22 de decembro de 2016, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 1225 (10/PNC-000114)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiro Orol, José Manuel e 5 máis
Sobre o impulso polo Goberno da creación dunha consulta especializada de enfermería oncolóxica no Hospital da Costa de Burela
BOPG n.º 18, do 23.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia, insta a Xunta de Galicia a impulsar a creación dunha consulta especializada de enfermería oncolóxica no Hospital da Costa de Burela para complementar a prestación asistencial de novo hospital de día de oncohematoloxía posto en marcha na pasada lexislatura neste centro e que está a contribuír dun modo altamente eficaz á mellora de atención, tratamento e calidade de vida dos enfermos de cancro".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina