Fernández Prado, Martín, e doce deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego e as demandas que debe realizar ao Goberno central para a modernización da liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, a través de Monforte de Lemos, e a conexión en alta velocidade de Lugo coa Meseta.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG nº 10, do 09.11.2016
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
1. Traballar con determinación e insistir ante o Goberno do Estado na necesidade de acometer, no menor prazo de tempo posible, un proceso de modernización na liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, a través de Monforte de Lemos, que dote os cidadáns da provincia de mellores prestacións e de servizos máis útiles, eficientes e competitivos, mellor adaptados ás súas necesidades.
Neste sentido, é necesario poñer en servizo, coa maior brevidade, a variante da Pobra de San Xiao.
2. Demandar ao Ministerio de Fomento unha priorización nos investimentos que garantan a modernización e faciliten a conexión de Lugo cos servizos de alta velocidade ferroviaria, co fin de garantir que os tempos de viaxe da conexión Lugo-Ourense-Madrid se sitúen en arredor das tres horas.
3. Solicitar ao Ministerio de Fomento unha planificación estratéxica que permita avanzar neste obxectivo de modo firme e constante, establecendo fases sucesivas para o desenvolvemento das actuacións e fixando as anualidades para que o proxecto sexa asumible en prazos e economicamente viable. Deste xeito, os Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2017 xa deben recoller partidas suficientes para avanzar na redacción dos proxectos construtivos.»
3.5 1671 (10/PNP-000153)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula, e tres deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para loitar contra a violencia de xénero no medio rural
Publicación da iniciativa, BOPG nº 26, do 07.12.2016
«O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia para:
1. Fornecer cursos de formación sobre temas vinculados ao empoderamento e implementar campañas de sensibilización e concienciación orientadas especificamente ás mulleres rurais.
2. Poñer os medios e recursos suficientes para mellorar a atención ás mulleres vítimas de violencias machistas no medio rural e evitar situación de illamento. Mellorar e ampliar as conexións de transporte colectivo entre os núcleos de poboación rurais coas cabeceiras comarcais e as cidades para evitar situacións de illamento.»
3.7 1873 (10/PNP-000180)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso, e catro deputados/as máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de reducir o diagnóstico tardío da infección por VIH, ou sida
Publicación da iniciativa, BOPG nº 28, do 14.12.2016
O texto aprobado é o seguinte:
«O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
• Iniciar a oferta rutineira da proba do VIH prevista no Plan galego anti VIH/sida e outras infeccións de transmisión sexual (ITS) 2015-2018 ás persoas entre 15 e 59 anos, sexualmente activas, que vaian proceder a unha extracción de sangue no seu centro de saúde, co obxectivo de reducir o diagnóstico tardío da infección por VIH.
• Atender as demandas dos colectivos LGTB para a supresión de terminoloxía excluínte e/ou estigmatizadora nos plans e programas autonómicos.»
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia