saltar ao contido

Acordos da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego na súa sesión do día 17 de xaneiro de 2017

Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
- 2502 (10/PNC-000259)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Puy Fraga, Pedro e 6 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia para a comunicación entre a atención primaria e a hospitalaria a través da e-consulta e a consulta telefónica
BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a impulsar a comunicación entre Atención Primaria e Atención Hospitalaria a través da e-consulta e a consulta telefónica para axilizar os tempos de resposta e potenciar a continuidade asistencial, e mellorar a conciliación familiar e laboral dos pacientes, traballando sempre co cidadán como eixe central do sistema.”
 
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 2075 (10/PNC-000215)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva e 2 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación asistencial existente no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense
BOPG n.º 28, do 14.12.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dotar de telemetría un número suficiente de camas no servizo de Cardioloxía que permita ingresar no mesmo ás persoas doentes que a precisen, evitando mantelas ingresadas no servizo de Urxencias."
 
 
 
Saúdos. Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina