A Comisión 6.ª, Industria, Enerxía, Comercio e Turismo na súa sesión do día 18 de xaneiro de 2017, adoptou o seguinte acordo:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 719 (10/PNC-000052)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 5 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia das medidas necesarias para incrementar a captación polas empresas galegas dos fondos comunitarios para I+D+i, en especial no marco do programa Horizonte 2020. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a impulsar as medidas necesarias para incrementar a captación de fondos comunitarios en favor da I+D+i por parte das entidades galegas, con especial atención ás pequenas e medianas empresas, no marco dos programas de financiamento europeos existentes para estas actividades, especialmente o programa Horizonte 2020”.
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 721 (10/PNC-000053)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 5 máis
Sobre a posta en marcha pola Xunta de Galicia de novas medidas que intensifiquen as relacións de colaboración entre os profesionais da cociña e do sector artesanal
BOPG n.º 15, do 16.11.2016
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a que poña en marcha novas medidas que intensifiquen as relacións de colaboración entre os profesionais da cociña e do sector artesanal, tendo en conta a enorme visibilidade que están a ter os cociñeiros galegos e as grandes sinerxías que poden crear para outros sectores como o artesanal, converténdose en escaparates excelentes da marca Artesanía de Galicia”.