saltar ao contido

Acordos da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 19-01-2017

 
A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 19 de xaneiro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 2597 (10/PNC-000269)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Arias Rodríguez, Raquel e 5 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia das medidas necesarias que permitan poñer á disposición dos produtores sementes certificadas que garantan a procedencia da variedade e a calidade da faba
BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que impulse as medidas necesarias que permitan poñer a disposición dos produtores semillas certificadas que garantan tanto a procedencia da variedade da faba como a súa calidade".
 
- 2601 (10/PNC-000271)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 6 máis
Sobre o impulso pola Xunta de Galicia para completar os instrumentos normativos de reestruturación e mobilización de terra agraria produtiva como mecanismo para corrixir a falta de base territorial das explotacións agrogandeiras
BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a impulsar decididamente e completar os instrumentos normativos de reestruturación e mobilización de terra agraria produtiva como mecanismo para corrixir a falta de base territorial das explotacións agro-gandeiras do noso país".
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 592 (10/PNC-000032)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para a protección do Pedregal de Irimia, no concello de Meira, o acuífero matricial do Miño e o seu contorno
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
Sométese a votación o texto transaccionado coa emenda do G.P. Popular de Galicia, doc. núm. 3708, e resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
 
- Protexer o Pedregal de Irimia reforzando a súa consideración de Área de especial protección paisaxística coa figura de Espazo Natural de Interese Local no caso de que se realice a preceptiva solicitude por parte do Concello.
 
- Unha vez que se realice a solicitude polo Concello de Meira, que se tramite coa maior dilixencia posible a declaración de Espazo Natural de Interese Local".
 
- 809 (10/PNC-000068)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa compra pública alimentaria e o uso de organismos modificados xeneticamente nos menús dos centros públicos dependentes dela
BOPG n.º 15, do 16.11.2016
 
Sométese a votación  por puntos e o resultado é o que se reflicte a seguir:
 
Punto 1), texto transaccionado coa emenda do G.P. Popular de Galicia doc. núm. 3710, resulta aprobado pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
Os puntos 2) e 3) resultaron rexeitados nas súas correspondentes votacións por obter 5 votos a favor, 7 votos en contra e 0 abstencións.
 
O texto aprobado, con modificacións respecto do texto orixinal, é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a apostar na liña de incorporar criterios de fomento dos alimentos de proximidade, de producíón familiar e ecolóxica nas compras públicas alimentarias nos centros dependentes da Administración autonómica".
 
- 2298 (10/PNC-000236)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rivas Cruz, José Luis e 5 máis
Sobre a actualización, axilización e implementación polo Goberno galego do pagamento das indemnizacións aos gandeiros afectados polos ataques do lobo
BOPG n.º 32, do 21.12.2016
 
Sométese a votación o texto transaccionado coa emenda do G.P. Popular de Galicia doc. núm. 3707 e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado con modificacións respecto do texto orixinal é o seguinte:

 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a continuar no seu labor de axilizar e actualización das indemnizacións polos danos ocasionados polo lobo, compatibilizando a reparación destes danos coa viabilidade da especie no noso territorio".

Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento
Elección membros da Mesa
 
Elección de vicepresidente
 
- 1009 (10/CEEM-000021)
Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes
 
Elección da vicepresidenta ou vicepresidente da Comisión
 
Don Daniel Vega Pérez, do G.P. Popular de Galicia

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina