saltar ao contido

Acordos da Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo, na súa sesión do 20 de xaneiro de 2017

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 565 (10/PNC-000026)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia e as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coa decisión de modificar os coeficientes redutores da idade de xubilación para as tripulacións dos buques que pescan en augas internacionais
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia mostra o seu apoio ás tripulacións embarcadas en buques que faenan en augas internacionais na súa reivindicación de que se lle aplique o 0,4% nos coeficientes reductores no cálculo da idade de xubilación e insta o Goberno galego a reclamar do Gobeno español e do Ministerio de Fomento:
 
1.- Revisar de oficio todas as pensións que se resolveron co actual procedemento para impedir a discriminación a respecto dos que historicamente se lle recoñeceu 0,40 e mantelo para o resto de tripulacións destas embarcacións.
 
2.- Solicitar una revisión profunda do caduco modelo baseado na zona e o tamaño da embarcación para ir a un novo que incentive as condicións reais das actividades profesionais da pesca, recoñecendo aquelas que teñen maior penosidade, perigosidade, sexan insalubres e provoquen sinistralidade e altas morbilidades.
 
 
- 1893 (10/PNC-000204)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas medidas adoptadas pola Garda Civil no porto de Aguiño respecto de tres embarcacións dedicadas á extracción de percebe por non axustarse a potencia dos seus motores á que figura nas súas documentacións
BOPG n.º 28, do 14.12.2016
 
Sométese a votación  e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:
Realizar de inmediato todas as actuacións precisas que permitan a regularización en canto a cabalaxe das embarcacións pendentes que quedaron fóra do procedemento impulsado pola Lei 9/2007."
 
 
 
Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento

Elección membros da Mesa
Elección de vicepresidente
 
- 1610 (10/CEEM-000022)
Comisión 8.ª, Pesca e Marisqueo
Elección da Vicepresidencia da comisión:
 
Don Alberto Pazos Couñago (P)
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina