A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 9 de febreiro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 4037 (10/PNC-000376)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
Sobre a modificación da normativa para a redución de xornada para o coidado de fillas e fillos con enfermidades graves
BOPG n.º 57, do 01.02.2017
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións
respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que proceda de inmediato á modificación da Resolución do 24 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións sobre o réxime de vacacións, permisos e licenzas na Sección 4.ª Redución e adaptacións da xornada de traballo, Vixésimo primeira, apartado 2, e onde di: "concederase unha redución por horas completas de ata catro horas ou a metade da duración da xornada de traballo diaria, como máximo", pase a dicir "concederase una redución por horas completas cando menos catro horas da duración da xornada de traballo diaria".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 3231 (10/PNC-000318)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa convocatoria dun proceso selectivo para a cobertura de postos de traballo na fundación pública Centro de Transfusións de Galicia
BOPG n.º 48, do 19.01.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións
pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a dar inmediato cumprimento a sentenza do 16 de xullo de 2012, da Sala do Social do Tribunal Superior, así como ao acordo adoptado polo Padroado da Fundación, na súa reunión do 12 de decembro de 2014 e coa representación sindical do Centro de Transfusión de Galicia".