A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 15 de febreiro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 3910 (10/PNC-000362)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre o inicio polo Goberno galego da execución do proxecto de transvasamento de area previsto para a praia de Covas, en Viveiro, así como dun proceso de diálogo coa Plataforma Salvemos a Praia de Covas co fin de procurar unha solución a longo prazo para a fixación de area nela
BOPG n.º 57, do 01.02.2017
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a acometer o trasvase de area previsto para a Praia de Covas coa maior celeridade posible e a manter unha vía de comunicación directa e permanente con todas as persoas afectadas para procurar una solución a longo prazo para a fixación de area no areal".
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 2509 (10/PNC-000262)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 7 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia destinadas a promover a declaración da illa de Ons como Área de Rehabilitación Integral co obxecto de facilitar as actuacións de rehabilitación nas vivendas existentes na illa
BOPG n.º 36, do 28.12.2016
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a promover a declaración como Área de Rehabilitación Integral da Illa de Ons co obxecto de facilitar as actuacións de rehabilitación nas vivendas existentes na illa".
- 3601 (10/PNC-000348)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre a demanda do Goberno galego ao Goberno central relativa á adopción das medidas necesarias para arranxar os problemas detectados no funcionamento da estación depuradora de augas residuais en probas de Ribeira, así como a non recepción das obras, entrementres, por Augas de Galicia
BOPG n.º 53, do 26.01.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
1.-Esixir do Goberno do Estado a que, neste primeiro semestre de 2017, se tomen as medidas necesarias para solucionar os problemas da Edar en probas de Ribeira.
2.-Non recepcionar a obra por parte de Augas de Galicia ata que se solucionen efectiva e definitivamente estes problemas".
- 4111 (10/PNC-000384)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e Cal Ogando, Marcos
Sobre a decisión de Renfe e Adif de pechar o servizo de venda de billetes e atención ao viaxeiro en diversas estacións de Galicia
BOPG n.º 57, do 01.02.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a solicitar do Ministerio de Fomento a deixar sen efecto a decisión de Renfe e Adif de pechar o servizo de venda de billetes e atención ao viaxeiro en diversas estacións de Galicia".