saltar ao contido

Acordo da Comisión 4.ª, Educación e Cultura, na súa sesión do día 24 de febreiro de 2017

Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 4426 (10/PNC-000421)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 6 máis
Sobre a posta en marcha polo Goberno galego de actuacións orientadas a promover o uso do galego e apoiar os neofalantes que adopten o galego como lingua de comunicación
BOPG n.º 62, do 08.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a poñer en marcha accións orientadas a amosar as vantaxes de falar galego, apoiar os neofalantes novos que están pensando ou xa teñen decidido adoptar o galego como lingua de comunicación. En paralelo ao anterior, estas accións tamén deberán axudar a combater os posibles estereotipos e prexuízos que poidan existir arredor da intencionalidade ou competencia lingüística de quen comeza a utilizar o idioma propio de Galicia, sen ser esta a súa lingua inicial."
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina