saltar ao contido

Acordo da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 2 de marzo de 2017

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 2 de marzo de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 4707 (10/PNC-000450)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego  e a demanda que debe realizar ao Ministerio de Agricultura en relación coa praga de couza guatemalteca que está a afectar a plantación de pataca
BOPG n.º 66, do 15.02.2017
 
- 4754 (10/PNC-000457)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Quiroga Díaz, José Antonio e Pérez Seco, José Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para controlar e erradicar a praga de couza guatemalteca que está a afectar a pataca, atender os cultivadores afectados e cubrir os danos futuros, así como a demanda que debe realizar ao Goberno central ao respecto
BOPG n.º 66, do 15.02.2017

Sométese a votación a transacción de ambas iniciativas coa emenda do G.P. Popular de Galicia doc. núm. 5886 e resulta aprobada pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia:
 
1) A creación dunha Comisión Técnica de Seguimento da couza da pataca na que estean representadas a Xunta de Galicia, a FEGAMP, o Laboratorio Fitopatolóxico de Galicia e a IXP Pataca de Galicia, en relación ás medidas de control da praga, das acción informativas que se leven a cabo, así como da evolución do Decreto que prepara o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente.
 
2) A que a Comisión Técnica informe por escrito á Comisión 7.ª do Parlamento de Galicia e ás organización agrarias da súa actividade, de maneira especial:
 
- Sobre as medidas de control que se vaian adoptando,
- Sobre os medios materiais e humanos dos que se dispoña para a loita contra a couza guatemalteca.
 
3) Elaborar un informe escrito que deberá remitirse aos grupos parlamentarios sobre a avaliación das medidas de prevención adoptadas dende 2015 para evitar a extensión da praga da couza guatemalteca.
 
4) Instar ao Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación e Medio Ambiente para axilizar a aprobación do Decreto que recolla medidas eficaces e rápidas para evitar a extensión da praga."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina