A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 21 de marzo de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 14 de marzo de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Comparecencias
1.1 1136 (10/CPP-000007)
Da Sra. conselleira do Medio Rural, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
1.2 1137 (10/CPP-000008)
Da Sra. conselleira do Mar, por petición propia, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 15, do 16.11.2016
Punto 2. Mocións
2.1 6433 (10/MOC-000019)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación cos centros hospitalarios da área de saúde de Pontevedra. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº. 4594, publicada no BOPG nº. 67, do 16.02.2017, e debatida na sesión plenaria do 07.03.2017)
2.2 6443 (10/MOC-000020)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co sector da automoción. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº. 2080, publicada no BOPG nº. 28, do 14.12.2016, e debatida na sesión plenaria do 07.03.2017)
2.3 6448 (10/MOC-000021)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
Sobre o establecemento dun acordo entre o Goberno galego e o Ministerio de Fomento para o mantemento dos servizos ferroviarios existentes en Galicia, así como a ampliación e mellora da rede ferroviaria. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº. 4113, publicada no BOPG nº. 57, do 01.02.2017, e debatida na sesión plenaria do 07.03.2017)
2.4 6473 (10/MOC-000022)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de igualdade no traballo entre mulleres e homes. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº. 5139, publicada no BOPG nº. 71, do 22.02.2017, e debatida na sesión plenaria do 07.03.2017)
Punto 3. Proposicións non de lei
3.1 4750 (10/PNP-000401)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para o desenvolvemento das súas competencias en materia de consumo en relación co control dos produtos financeiros emitidos polas entidades bancarias para os clientes e os seus procesos de comercialización
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 67, do 16.02.2017
3.2 4820 (10/PNP-000410)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Blanco Paradelo, Moisés e 13 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para garantir o cumprimento dos obxectivos europeos de cobertura das redes de telecomunicación de nova xeración e aumentar a eficiencia dos fondos públicos, así como posibilitar o acceso a unha velocidade de 30 megabits por segundo, cando menos, ao 90% dos habitantes das poboacións de menos de cinco mil habitantes en Galicia.
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 67, do 16.02.2017
3.3 5390 (10/PNP-000454)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 3 máis
Sobre o establecemento polo Goberno galego do servizo público de dragaxe portuaria e doutros espazos do dominio público marítimo-terrestre na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a adquisición dunha embarcación de draga para esta finalidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 01.03.2017
3.4 5521 (10/PNP-000466)
Grupo Parlamentario de En Marea
Quinteiro Araújo, Paula e Rodríguez Estévez, David
Sobre a execución pola Xunta de Galicia, no ano 2017, das obras do plan de regadío da comarca da Limia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 01.03.2017
3.5 5676 (10/PNP-000481)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 4 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación coa oferta pública de emprego para o ano 2017
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 08.03.2017
3.6 5688 (10/PNP-000484)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa memoria histórica
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 08.03.2017
3.7 5818 (10/PNP-000496)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación coas restricións impostas ás comunidades autónomas mediante as limitacións ás taxas de reposición de prazas no Sistema Nacional de Saúde, a convocatoria dunha OPE no ano 2017, así como o establecemento dun plan plurianual de contratación na sanidade pública
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 08.03.2017
3.8 6054 (10/PNP-000521)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 13 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa negociación coa Fegamp duns criterios claros de prioridade nos investimentos en materia de obras hidráulicas, así como o establecemento dunha estrutura tarifaria de referencia para a xestión da auga
Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 79, do 08.03.2017
Punto 4. Interpelacións
4.1 1215 (10/INT-000040)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa situación económica e social da mocidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 18, do 23.11.2016
4.2 2374 (10/INT-000091)
Grupo Parlamentario de En Marea
Lago Peñas, José Manuel
Sobre a política da Xunta de Galicia en relación coa distribución da renda salarial
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.12.2016
4.3 5106 (10/INT-000192)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre a xestión da saúde mental
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
Punto 5. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
5.1 6504 (10/POPX-000022)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a actuación que vai levar a cabo o Goberno galego en relación coa compañías eléctricas
5.2 6520 (10/POPX-000023)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a actuación que vai levar a cabo a Xunta de Galicia en relación coa oferta pública de emprego do ensino para o ano 2017
5.3 6524 (10/POPX-000024)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos mecanismos de financiamento adicional utilizados nos últimos anos
Punto 6. Preguntas ao Goberno
6.1 6507 (10/PUP-000066)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre as afirmacións realizadas en relación coas mulleres no discurso institucional do alcalde de Noia con motivo da celebración do Día Internacional da Muller o 8 de marzo de 2017
6.2 6008 (10/POP-000785)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cal Ogando, Marcos e Sánchez García, Antón
Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación coa vertedura de residuos que se está a levar a cabo na parcela, protexida pola Rede Natura 2000, do conxunto granítico emblemático denominado "O con do paxaro", no espazo dunar da praia da Lanzada, con motivo da execución das obras de mellora da estrada PO-308
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 08.03.2017
6.3 2656 (10/POP-000248)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Prado, Martín e 6 máis
Sobre o proceso de adaptación tecnolóxica que debe levar a cabo o Concello de Vigo para a incorporación do transporte urbano no Plan de transporte metropolitano
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
6.4 6486 (10/PUP-000065)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Quiroga Díaz, José Antonio e 5 máis
Sobre a data prevista polo Goberno galego para a posta en funcionamento do porto seco de Monforte de Lemos
6.5 4838 (10/POP-000624)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Vilán Lorenzo, Patricia e 3 máis
Sobre a sentenza xudicial referida ao proxecto de construción dunha liña de alta tensión entre as localidades do Irixo e Lalín, e a súa afectación á fraga de Casas Vellas, na parroquia de Catasós
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 67, do 16.02.2017
6.6 6514 (10/PUP-000067)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 13 máis
Sobre as actuacións que vai levar a cabo o Goberno galego diante do conflito laboral existente en Pescanova, para defender os dereitos e as condicións de traballo dignas na empresa
6.7 4332 (10/POP-000545)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Fernández Gil, César Manuel e 5 máis
Sobre a valoración do Goberno galego respecto dos datos do abandono temperá dos estudos en Galicia no ano 2016 pola poboación comprendida entre os 18 e 24 anos antes de acadar a educación secundaria postobrigatoria
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 63, do 09.02.2017
6.8 2851 (10/POP-000297)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre a situación da atención primaria na Área Sanitaria de Valdeorras
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
6.9 5955 (10/POP-000774)
Grupo Parlamentario de En Marea
Vázquez Verao, Paula e Villares Naveira, Luis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da presentación no Parlamento de Galicia, no actual período de sesións, dun proxecto de lei de modificación da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, que recolla o sentido e interpretación da sentenza xudicial referida á resolución da Dirección Xeral de Política Social respecto da concesión dunha soa renda de integración por domicilio e o que debe considerarse como unidade de convivencia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 08.03.2017
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2017
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente