saltar ao contido

Acordos da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 15 de marzo de 2017

 
 
A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 15 de marzo de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 5265 (10/PNC-000502)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
García Míguez, María Ángeles e 7 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Concello de Vigo da execución da mellora do servizo e das conexións de autobús desde o barrio de Teis cara ao Hospital Álvaro Cunqueiro
BOPG n.º 70, do 21.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 6 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta a dirixirse ao Concello de Vigo para que acometa a mellora do servizo e das conexións de autobús desde o barrio de Teis cara ao hospital Álvaro Cunqueiro, atendendo así as necesidades dos veciños".

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 3196 (10/PNC-000313)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a execución das obras da conexión ferroviaria co porto exterior da Coruña
BOPG n.º 48, do 19.01.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1) Dirixirse ao Goberno español para esixir a axilización do proceso administrativo, estudo informativo, declaración de impacto ambiental e Proxecto construtivo, da conexión ferroviaria ao Porto Exterior da Coruña.
 
2) Esixir ao Goberno do Estado unha dotación orzamentaria para o ano 2017 e seguintes que garantan o cumprimento dos prazos da conexión ferroviaria ao Porto Exterior da Coruña".

- 4285 (10/PNC-000398)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Pérez Seco, José Manuel e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a conexión ferroviaria directa entre A Coruña e Ferrol, a modernización dese trazado e a avaliación das frecuencias necesarias
BOPG n.º 62, do 08.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego para que se dirixa ao Goberno central e lle solicite:
 
a) Licitar de forma inmediata os estudos necesarios para a conexión directa entre A Coruña e Ferrol.
 
b) Que realice as xestións oportunas con ADIF e RENFE co fin de adoptar as actuacións necesarias para a modernización dese trazado, tanto desde o punto de vista técnico como comercial, que permita dispoñer dun servizo público e competitivo que permita establecer a comunicación necesaria entre A Coruña, Ferrolterra, Eume e Ortegal, tanto co Eixo Atlántico (existente) Ferrol-Vigo, como co resto de servizos nacionais de larga distancia.
 
c) Que realice os estudos oportunos de cara á avaliación das frecuencias necesarias de acordo ás necesidades horarias das poboacións afectadas, reducindo tanto os tempos de viaxe como o prezo dos billetes na liña A Coruña-Ferrol".

- 4551 (10/PNC-000434)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa modernización da conexión ferroviaria entre Vigo e Oporto antes de 2020
BOPG n.º 66, do 15.02.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a dirixirse ao Goberno español para:
 
1. Incluír na axenda do vindeiro cumio hispanoluso un acordo para a definitiva modernización da conexión ferroviaria entre Vigo e Porto antes de 2020, asumindo o compromiso de reducir a duración da viaxe a 75 minutos.
 
2. Impulsar a aprobación do proxecto da saída sur de Vigo e a súa construción.
 
3. Estudar e aprobar una alternativa ao paso da vía férrea polo centro da vila do Porriño.
 
4. Completar a modernización, sinalización e electrificación da vía, nunhas condicións homoxéneas a ambos lados do Miño.
 
5. Mellorar as condicións de seguranza do trazado e suprimir os pasos a nivel".

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina