A Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior, na súa sesión do 17 de marzo de 2017, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación por unanimidade con modificacións
- 834 (10/PNC-000072)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Díaz Mouteira, María Sol e 5 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de reducir o consumo enerxético, minimizar a emisión de gases de efecto invernadoiro e acadar o mellor aproveitamento posible das enerxías renovables nos edificios administrativos e xudiciais da Xunta de Galicia. (Procedemento de urxencia)
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 11 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
1. Continuar avanzando na implantación de medidas de eficiencia enerxética nos edificios administrativos e xudiciais da Xunta de Galicia, co fin de reducir o consumo enerxético, minimizar a emisión de gases de efecto invernadoiro e acadar o mellor aproveitamento posible das enerxías renovables, redundando todo elo nunha mellora da sostibilidade ambiental dos inmobles da Xunta de Galicia.
2. Remitir á correspondente comisión parlamentaria os resultados anuais do Sistema de Seguimento e Avaliación da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética no Sector Público Autonómico de Galicia 2015-2010."
Procedementos de elección, designación e proposta nomeamento
Elección membros da Mesa
Elección de presidente
- 3905 (10/CEEM-000031)
Comisión 1.ª, Institucional, de Administración Xeral, Xustiza e Interior
Elección da Presidencia
Presidente: don César Manuel Fernández Gil (P)