Santiago, 23 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia gardou este mediodía un minuto de silencio en memoria das vítimas do atentado perpetrado onte en Londres e como sinal de repulsa fronte a calquera tipo de terrorismo.
Na concentración, celebrada na escaleira exterior da Cámara, participaron o presidente do Parlamento, deputadas e deputados e persoal da institución, así como persoas que esta mañá participaron no programa de visitas guiadas ao Pazo do Hórreo.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.