A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 23 de marzo de 2017, adoptou os seguintes acordos:
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
Aprobación sen modificacións
- 819 (10/PNC-000069)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 4 máis
Sobre a realización polo Goberno galego de accións formativas específicas en materia de atención especializada a menores expostos á violencia de xénero
BOPG n.º 10, do 09.11.2016
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 9 votos a favor, 0 votos en contra e 3 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a levar a cabo accións formativas específicas en materia de atención especializada a menores expostos á violencia machista”.
- 5565 (10/PNC-000534)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 8 máis
Sobre a solicitude pola Xunta de Galicia ao Concello da Coruña da cesión dos espazos axeitados no mercado de Santa Lucía para prestar asistencia sanitaria aos usuarios do Centro de Saúde Federico Tapia
BOPG n.º 75, do 01.03.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 7 votos a favor, 0 votos en contra e 5 abstencións.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a solicitar ao Concello de A Coruña a cesión dos espazos no mercado de Santa Lucía que se axusten ós requirimentos necesarios para una asistencia sanitaria óptima para os vecinos e veciñas que acuden o Centro de Saúde Federico Tapia."
Aprobación por unanimidade sen modificacións
- 4477 (10/PNC-000427)
Grupo Parlamentario de En Marea
Solla Fernández, Eva
Sobre a creación polo Goberno galego de prazas da especialidade de Enfermaría Familiar e Comunitaria nos cadros de persoal do Sergas
BOPG n.º 66, do 15.02.2017
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
O texto aprobado é o seguinte:
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia á creación de prazas da especialidade de Enfermería Familiar e Comunitaria nos cadros de persoal do SERGAS".