saltar ao contido

Convocatoria do Pleno do Parlamento de Galicia previsto para o 25 de abril de 2017

A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 25 de abril de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 18 de abril de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:

Punto 1. Informe anual do Valedor do Pobo correspondente ao ano 2016
 
7066 (10/IVAL-000001)
 Publicación do Informe anual, BOPG n.º 92, do 29.03.2017
 
Punto 2. Comparecencia
 
 7924 (10/CPP-000018)
 Da Sra. conselleira de Infraestruturas e Vivenda, por petición propia,  para informar das  liñas e programas en materia de rehabilitación de vivendas que vai impulsar a Xunta de Galicia ao longo da presente lexislatura
 
Punto 3. Mocións
 
3.1 7774 (10/MOC-000026)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co servizo de transporte sanitario terrestre. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº 6747, publicada no BOPG nº 88, do 23.03.2017, e debatida na sesión plenaria do 04.04.2017)
 
3.2 7775 (10/MOC-000027)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Vilán Lorenzo, Patricia
 Sobre a inmatriculación no Rexistro da Propiedade de bens inmobles da Igrexa católica. (Moción, a consecuencia da Interpelación nº. 6362, publicada no BOPG nº. 84, do 16.03.2017, e debatida na sesión plenaria do 04.04.2017)
 
 
Punto 4. Proposicións non de lei
 
4.1 2516 (10/PNP-000238)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Puy Fraga, Pedro e 7 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego destinadas a apoiar os centros de FP e os CIFP como impulsores da innovación do sector empresarial galego
 Publicación da iniciativa pola vía de urxencia, BOPG n.º 36, do 28.12.2016
 
4.2 4560 (10/PNP-000388)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre a ampliación polo Goberno galego a nove meses da duración dos contratos do persoal de reforzo para a campaña do verán do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 67, do 16.02.2017
 
4.3 5673 (10/PNP-000480)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e 2 máis
 Sobre a aprobación polo Goberno galego dun plan antifraude na contratación pública autonómica
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 08.03.2017
 
4.4 6310 (10/PNP-000548)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Pierres López, María Luisa e 3 máis
 Sobre a realización polo Goberno galego dun informe do estado de cumprimento da normativa autonómica en materia de igualdade establecida no artigo 67 do Decreto lexislativo 2/2015, do 12 de febreiro, nos organismos autónomos, nas sociedades públicas, nas fundacións do sector público galego, nas entidades de dereito público vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma e nos organismos con dotación diferenciada nos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 15.03.2017
 
4.5 6339 (10/PNP-000561)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Fernández Prado, Martín e 9 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central do impulso da modernización da conexión ferroviaria entre A Coruña e Ferrol, así como dunha planificación estratéxica ao respecto
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 83, do 15.03.2017
 
4.6 7081 (10/PNP-000634)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa Orde do 14 de marzo de 2017 pola que se ditan as normas para a aplicación do réxime de concertos educativos con centros docentes privados para o curso académico 2017-2018 e seguintes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 05.04.2017
 
4.7 7202 (10/PNP-000650)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre a demanda polo Goberno galego ao Goberno central dunha regularización legal en materia de tributación das pensións dos emigrantes retornados
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 05.04.2017
 
4.8 7366 (10/PNP-000664)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Chao Pérez, Luca e Cuña Bóveda, María de los Ángeles
 Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa recuperación dos dereitos laborais do persoal docente
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 05.04.2017
 
Punto 5. Interpelacións
 
5.1 3907 (10/INT-000136)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e Vilán Lorenzo, Patricia
 Sobre a política do Goberno galego en relación coa transparencia e bo goberno na súa xestión
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 57, do 01.02.2017
 
5.2 4107 (10/INT-000150)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre as actuacións que debe realizar o Goberno Galego para recuperar o emprego no sector da automoción e dos seus compoñentes
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 57, do 01.02.2017
 
5.3 6212 (10/INT-000251)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e 2 máis
 Sobre a política do Goberno galego en relación coas subvencións e axudas destinadas ás entidades locais
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 84, do 16.03.2017
 
Punto 6. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
 
6.1 7984 (10/POPX-000028)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Pontón Mondelo, Ana Belén
 Sobre o balance que realiza o Goberno galego do resultado da súa estratexia de negociación co Estado en temas clave para Galicia
 
6.2 8002 (10/POPX-000029)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Fernández Leiceaga, Xoaquín María
 Sobre o cumprimento con dilixencia polo Goberno galego das obrigas derivadas da lexislación autonómica
 
6.3 8004 (10/POPX-000030)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto da situación do emprego e do mercado laboral de Galicia
 
Punto 7. Preguntas ao Goberno
 
7.1 4538 (10/POP-000568)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Romero Fernández, Cristina Isabel e 5 máis
 Sobre os certames de promoción e comercialización do sector turístico nos que vai participar Galicia desde febreiro ata finais de 2017
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 67, do 16.02.2017
 
7.2 6802 (10/POP-000876)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 13 máis
 Sobre a exclusión das pemes galegas debida á redacción dos pregos de condicións do concurso para a adxudicación do servizo de limpeza dos edificios administrativos dependentes da Xunta de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92, do 29.03.2017
 
7.3 7029 (10/POP-000908)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Solla Fernández, Eva
 Sobre as actuacións previstas polo Goberno galego en relación cos problemas xerados nas condicións laborais do persoal e na atención prestada, como consecuencia do traslado á Estrada dos servizos 061 e 112 de atención das urxencias médicas e das emerxencias
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92, do 29.03.2017
 
7.4 8001 (10/PUP-000077)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Díaz Villoslada, Juan Manuel e Vilán Lorenzo, Patricia
 Sobre as medidas adoptadas polo Goberno galego para garantir o traslado do persoal adscrito ao Servizo de Atención de Emerxencias de Galicia 112 ás novas dependencias na Estrada nas mellores condicións
 
7.5 6618 (10/POP-000858)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Moreira Ferro, Jacobo e 7 máis
 Sobre a valoración da Xunta de Galicia en relación coa primeira convocatoria de oposicións reservada de xeito exclusivo a persoas con discapacidade intelectual que terá lugar o día 8 de abril de 2017 en Santiago de Compostela
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 87, do 22.03.2017
 
7.6 7287 (10/POP-000951)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Prado Cores, María Montserrat e 5 máis
 Sobre a valoración do Goberno galego respecto da evolución do número de persoas activas e da taxa de actividade en Galicia nos últimos anos
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 97, do 06.04.2017
 
7.7 8000 (10/PUP-000076)
 Grupo Parlamentario de En Marea
 Villares Naveira, Luis e 2 máis
 Sobre as previsións da Xunta de Galicia respecto da autorización da venda das concesións hidroeléctricas adxudicadas a Ferroatlántica nos ríos Xallas e Grande
 
7.8 7185 (10/POP-000937)
 Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
 Quiroga Díaz, José Antonio e 5 máis
 Sobre a situación na que se atopa o procedemento de declaración pola Unesco da Ribeira Sacra como patrimonio da humanidade
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 97, do 06.04.2017
 
7.9 5099 (10/POP-000657)
 Grupo Parlamentario Popular de Galicia
 Núñez Centeno, Aurelio Alfonso e 6 máis
 Sobre as principais funcionalidades e utilidades da nova aplicación do 061 para dispositivos móbiles, Urxencias Sanitarias de Galicia
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
 
7.10 6893 (10/POP-000885)
 Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
 Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
 Sobre as medidas previstas polo Goberno galego ante o aumento dos incendios durante o inverno de 2016-2017 na provincia de Ourense
 Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92, do 29.03.2017
 
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2017
 

Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina