saltar ao contido

Acordos da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 19 de abril de 2017


A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 19 de abril de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de natureza normativa
Proposición de lei para presentar perante o Congreso
 
Designación da Ponencia
 
- 3669 (10/PPLC-000002)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Grupo Parlamentario de En Marea
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia
BOPG n.º 53, do 26.01.2017
 
G.P. Popular de Galicia
D. Don Martín Fernández Prado (titular)
D.ª Teresa Egerique Mosquera (suplente)
 
G.P. de En Marea
D. Antón Sánchez García (titular)
D. Marcos Cal Ogando (suplente)
 
G.P. dos Socialistas de Galicia
D. Raúl Fernández Fernández (titular)
D.ª María Luisa Pierres López (suplente)
 
G.P. do Bloque Nacionalista Galego
D. Luís Bará Torres (titular)
D.ª María Montserrat Prado Cores (suplente)
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 6459 (10/PNC-000652)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Rodríguez Barreira, María Julia e 10 máis
Sobre o estudo da Xunta de Galicia respecto das medidas oportunas para mellorar a seguridade viaria da estada LU-664, no tramo da Ronda María Emilia Casas Baamonde, con especial atención á súa confluencia coa rúa Corredoira e Abeledos e a estrada de Currelos
BOPG n.º 87, do 22.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións por 10 votos a favor, 0 votos en contra e 2 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a estudar as medidas que sexan oportunas para mellorar a seguridade vial da LU-664, no tramo da Ronda María Emilia Casas Baamonde de Monforte, con especial atención á confluencia da Ronda coa Rúa Corredoira e Abeledos, e a Estrada de Currelos."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 6169 (10/PNC-000611)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Ministerio de Fomento da elaboración e aprobación dun plan de actuacións para eliminar os puntos negros da Rede de estradas do Estado en Galicia
BOPG n.º 83, do 15.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a dirixirse ao Ministerio de Fomento para que elabore e aprobe un Plan de actuación para eliminar os puntos negros da Rede de Estradas do Estado en Galicia."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina