A Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 53 do Regulamento do Parlamento, resolveu convocar o Pleno do Parlamento para realizar sesión o próximo día 9 de maio de 2017, ás 10:00 horas, no pazo do Parlamento.
De acordo coa Xunta de Portavoces e a Mesa, na reunión do día 2 de maio de 2017, a orde do día da sesión é a seguinte:
Punto 1. Debate do ditame e das propostas de resolución aprobados na Comisión permanente non lexislativa para as relación co Consello de Contas, en relación cos Informes de fiscalización do sector público de Galicia contidos na Memoria de actividades de 2015 (Conta xeral da Comunidade Autónoma de Galicia de 2014) (doc. núm. 52085, 09/ICON-000006).
Publicación do ditame, BOPG n.º 108, do 2.05.2017
Punto 2. Textos lexislativos
2.1 Debate de toma en consideración da Proposición de lei, do G.P. de En Marea, para remitir ao Congreso dos Deputados, de modificación da Lei 52/2007, do 26 de decembro, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quen padeceron persecución e violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura (doc. núm. 5850, 10/PPLC-000003)
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 79, do 08.03.2017
2.2 Debate e votación do ditame, emitido pola Comisión 2.ª Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, sobre a Proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, orgánica de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galicia e, se é o caso, fixación do número de membros da Cámara encargados da súa defensa e posterior designación (doc. núm. 3669, 10/PPLC-000002)
Punto 3. Comparecencia
8427 (10/CPP-000019)
Da Sra. conselleira do Mar, por petición propia, para informar sobre o previsible impacto do Brexit para o sector pesqueiro galego, as posibilidades que se abren ante esta nova conxuntura e as accións desenvolvidas con respecto a este asunto
Punto 4. Mocións
4.1 8469 (10/MOC-000028)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coas subvencións e axudas destinadas ás entidades locais. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 6212, publicada no BOPG n.º 84, do 16.03.2017, e debatida na sesión plenaria do 25.04.2017)
4.2 8470 (10/MOC-000029)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de transparencia e bo goberno. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 3907, publicada no BOPG n.º 57, do 01.02.2017, e debatida na sesión plenaria do 25.04.2017)
4.3 8486 (10/MOC-000030)
Grupo Parlamentario de En Marea
Casal Vidal, Francisco e Villares Naveira, Luis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego para recuperar o emprego no sector da automoción e dos seus compoñentes. (Moción, a consecuencia da Interpelación n.º 4107, publicada no BOPG n.º 57, do 01.02.2017, e debatida na sesión plenaria do 25.04.2017)
Punto 5. Proposicións non de lei
5.1 2469 (10/PNP-000229)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia ante o Ministerio de Fomento para reducir as peaxes na AP-9 e evitar a suba anual acumulativa de peaxes dun 1 % durante vinte anos a partir de 2018
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 43, do 12.01.2017
5.2 5002 (10/PNP-000420)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e Torrado Quintela, Julio
Sobre as medidas que debe adoptar o Goberno galego e a demanda que debe realizar ao Goberno central en relación coas familias monoparentais e monomarentais con dous fillos a cargo menores de 18 anos ou maiores con algún tipo de discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 71, do 22.02.2017
5.3 6824 (10/PNP-000604)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre a creación polo Goberno galego do Consello Asesor do Libro, previsto na Lei do libro e a lectura de Galicia
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 92, do 29.03.2017
5.4 7051 (10/PNP-000628)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 11 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Facenda en relación coa imputación para efectos fiscais das subvencións percibidas por incorporación de agricultores mozos a actividades económicas no rural
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 05.04.2017
5.5 7487 (10/PNP-000678)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre o inicio pola Xunta de Galicia dos trámites necesarios para a declaración da arte rupestre galega como Patrimonio da Humanidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 100, do 19.04.2017
5.6 7707 (10/PNP-000703)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre a posición do Parlamento de Galicia en relación cos recortes que presenta o Proxecto de lei de orzamentos do Estado para 2017 no referido aos investimentos en Galicia, así como en materia social
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 100, do 19.04.2017
5.7 7796 (10/PNP-000715)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impulso do uso de gas natural licuado no transporte marítimo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 100, do 19.04.2017
5.8 7941 (10/PNP-000729)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co proxecto de dragaxe ambiental da ría do Burgo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 26.04.2017
Punto 6. Interpelacións
6.1 2459 (10/INT-000094)
Grupo Parlamentario de En Marea
Chao Pérez, Luca
Sobre a valoración do Goberno galego en relación cos datos sobre a pobreza infantil
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 36, do 28.12.2016
6.2 5481 (10/INT-000215)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Rodil Fernández, Olalla e 5 máis
Sobre a política do Goberno galego para promover o uso da lingua galega entre a mocidade
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 75, do 01.03.2017
6.3 8077 (10/INT-000341)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Blanco Rodríguez, Noela e 3 máis
Sobre a política do Goberno galego en relación cos incendios forestais e a súa desestacionalización
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 26.04.2017
Punto 7. Preguntas para resposta oral do Presidente da Xunta
7.1 8466 (10/POPX-000031)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre a valoración do Goberno galego respecto da situación social e política de Galicia
7.2 8485 (10/POPX-000032)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Fernández Leiceaga, Xoaquín María
Sobre a avaliación do Goberno galego respecto dos datos da enquisa de poboación activa referidos ao comportamento do mercado laboral en Galicia, coñecidos recentemente
7.3 8488 (10/POPX-000033)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis
Sobre as actuacións previstas pola Xunta de Galicia diante da redución do número de persoas galego falantes e da situación na que se atopa a lingua galega
Punto 8. Preguntas ao Goberno
8.1 8467 (10/PUP-000078)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís
Sobre a posición do Goberno galego respecto do actual marco legal e o sistema de financiamento local
8.2 7661 (10/POP-000993)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Trenor López, Gonzalo e 7 máis
Sobre as actuacións que se están a levar a cabo para a posta e marcha do Observatorio de Ríos anunciado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 20.04.2017
8.3 8484 (10/PUP-000079)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Losada Álvarez, Abel Fermín e 2 máis
Sobre as actuacións levadas a cabo pola Xunta de Galicia, incluídas as financeiras, para converter nun vial urbano o tramo de entrada/saída da AP-9 na cidade de Vigo
8.4 7430 (10/POP-000969)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Rodríguez Rumbo, Matilde Begoña e Losada Álvarez, Abel Fermín
Sobre as medidas que vai adoptar o Goberno galego en relación co desenvolvemento dun plan de apoio específico para o sector téxtil no concello de Ordes e a súa comarca
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 20.04.2017
8.5 7867 (10/POP-001025)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Presas Bergantiños, Noa e 5 máis
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da autorización da venda das centrais hidroeléctricas do río Xallas
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 20.04.2017
8.6 3676 (10/POP-000435)
Grupo Parlamentario de En Marea
Cuña Bóveda, María de los Ángeles e Chao Pérez, Luca
Sobre as previsións do Goberno galego respecto da realización antes do ano 2018 dun balance da evolución do Plan estratéxico da Cidade da Cultura de Galicia 2012-2018
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 53, do 26.01.2017
8.7 8487 (10/PUP-000080)
Grupo Parlamentario de En Marea
Villares Naveira, Luis e 13 máis
Sobre os mecanismos que vai habilitar a Xunta de Galicia para evitar a situación límite na que se atopan o Centro Galego de Arte Contemporáneo, o Centro Coreográfico Galego, o Centro Galego de Artes da Imaxe ou o Centro Dramático Galego, a consecuencia dos recortes levados a cabo no seu financiamento
8.8 8032 (10/POP-001041)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Moreira Ferro, Jacobo e 9 máis
Sobre a valoración da Consellería de Sanidade en relación co proceso de recollida de achegas e suxestións para a elaboración do Plan funcional e do Plan de espazos do Proxecto Gran Montecelo, en Pontevedra
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 106, do 27.04.2017
8.9 7420 (10/POP-000968)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Díaz Villoslada, Juan Manuel e 6 máis
Sobre a situación actual dos recursos e a calidade asistencial dos centros de Política Social da provincia da Coruña
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 101, do 20.04.2017
Os grupos parlamentarios poderán presentar emendas ás mocións e ás proposicións non de lei ata seis horas antes do inicio da sesión, o abeiro do disposto no artigo 161.2 do Regulamento.
Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017
Miguel Ángel Santalices Vieira
Presidente