5.4 7051 (10/PNP-000628)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
González Vázquez, José e 11 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Ministerio de Facenda en relación coa imputación para efectos fiscais das subvencións percibidas por incorporación de agricultores mozos a actividades económicas no rural
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 96, do 05.04.2017
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia, a dirixirse ao Ministerio de Hacienda para:
1) Que o período mínimo de imputación das subvencións por incorporación de agricultores mozos, no caso de que tribute no IRPF do mozo, sexa de cinco anos a contar dende o período de incorporación.
2) Para que cando a incorporacións do mozo se faga mediante a súa participación en entidades, o criterio sexa que a subvención percibida se impute na imposición da entidade participada e non no IRPF do mozo aplicando os criterios xerais previstos para as subvencións”.
5.7 7796 (10/PNP-000715)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Tellado Filgueira, Miguel Ángel e 6 máis
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impulso do uso de gas natural licuado no transporte marítimo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 100, do 19.04.2017
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento de Galicia, insta á Xunta de Galicia a planificar actuacións que favorezan o impulso dun Hub de GNL e que Reganosa adapte as súas infraestruturas e despregue as instalacións que fosen necesarias para conseguir o desenvolvemento loxístico e comercial que permita aos portos galegos prestar servizos de abastecemento small scale e bunkering de GNL”.
5.8 7941 (10/PNP-000729)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén e 5 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co proxecto de dragaxe ambiental da ría do Burgo
Publicación da iniciativa, BOPG n.º 105, do 26.04.2017
O texto aprobado é o seguinte:
“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a impulsar as seguintes medidas relativas á rexeneración da Ría do Burgo:
1. Reclamar ao Goberno do Estado que se axilice a tramitación deste proxecto para que se podan iniciar as obras de dragado en 2017.
2. Demandar que en relación co proxecto de dragado da Ría do Burgo se adopten as seguintes actuacións:
a. Medidas de protección ao ecosistema durante o dragado e con posterioridade ao mesmo.
b. Un plan de vixilancia que inclúa o control exhaustivo, periódico e transparente da calidade das augas, a estanqueidade dos recintos de confinamento dos lodos e a evolución das poboacións de flora e fauna asentadas na Ría e na súa contorna.
c. A constitución dunha Comisión de Seguimento integrada por representantes das distintas administracións, a Universidade da Coruña e axentes implicados.
d. O establecemento de axudas para compensar aos/ás mariscadores/as durante o período de inactividade.
e. Impulsar unha restauración ambiental integral que desemboque na creación dun corredor ecolóxico entre o encoro de Cecebre e o mar.
f. Impulsar un plan de usos e xestión que ordene os diferentes usos da ría que permita un uso sostíbel da mesma e o mantemento das funcións ecolóxica, económica e social do espazo.”
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.