saltar ao contido

Acordo da Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, celebrada o 12 de maio de 2017

A Comisión 7.ª, Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes, na súa sesión do 12 de maio de 2017, adoptou o seguinte acordo:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 5683 (10/PNC-000548)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
Balseiros Guinarte, Silvestre José e 6 máis
Sobre a actuación que debe levar a cabo o Goberno galego co fin de achegar aos agricultores, produtores, colectivos e interesados en xeral a información máis completa posible respecto do Programa de desenvolvemento rural Leader 2014-2020
BOPG n.º 79, do 08.03.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a habilitar os medios necesarios para promocionar e estender a información máis completa posible deste programa a todos os concellos de Galicia, co obxecto de que chegue ao maior número de agricultores, produtores, colectivos e interesados en xeral".
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina