Santiago, 5 de xuño de 2017.- Deputados e deputadas e persoal da institución gardou este mediodía un minuto de silencio no exterior do Parlamento de Galicia en sinal de repulsa contra os atentados rexistrados en Londres o pasado sábado, 3 de xuño, e para expresar a solidariedade da Cámara coas vítimas e as súas familias.
As bandeiras ondean a media hasta no Parlamento de Galicia desde esta mañá e ata primeira hora do vindeiro mércores no marco da declaración que testemuña a dor da Nación española ante os atentados perpetrados en Londres.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.