saltar ao contido

O valedor do pobo entrega á presidenta do Parlamento o informe extraordinario As persoas sen fogar en Galicia

 
Santiago, 25 de novembro de 2010.- O valedor do pobo, Benigno López, entregou esta mañá á presidenta do Parlamento de Galicia, Pilar Rojo Noguera, o informe extraordinario As persoas sen fogar en Galicia, que analiza a situación do colectivo de cidadáns que habitan e pasan a noite nas rúas galegas, carentes de recursos económicos suficientes e dun teito baixo o que poder vivir.
 
Logo de ser registrado, este informe seguirá o trámite parlamentario correspondente. Como primeiro paso, o informe deberá ser cualificado pola Mesa do Parlamento na reunión prevista para a próxima semana.
 
O documento está dispoñible na páxina web do Parlamento de Galicia: http://svrsps20101/sitios/web/contenidogal/pargal_hoxenopargal.aspx
 
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina