saltar ao contido

Acordos da Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, celebrada o 8 de xuño de 2017

A Comisión 5.ª, Sanidade, Política Social e Emprego, na súa sesión do 8 de xuño de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación sen modificacións
 
- 8478 (10/PNC-000893)
Grupo Parlamentario Popular de Galicia
García Míguez, María Ángeles e 7 máis
Sobre a demanda polo Goberno galego ao Concello de Vigo da solución das demoras que se están a producir na tramitación dos recursos de servizos sociais municipais
BOPG n.º 112, do 10.05.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións
por 7 votos a favor, 2 votos en contra e 3 abstencións.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a que solicite ao Concello de Vigo a solución de xeito inmediato nos retrasos na tramitación dos recursos de servizos sociais municipais."
 
Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 7207 (10/PNC-000745)
Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia
Torrado Quintela, Julio e Blanco Rodríguez, Noela
Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en materia de detección e tratamento da desnutrición relacionada coa enfermidade
BOPG n.º 96, do 05.04.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento galego insta a Xunta de Galicia a:
 
1. Establecer un protocolo de cribado nutricional que sistematice os procesos de obtención de información, baseado nas seguintes cuestións:
a) Os elementos básicos a coñecer serán: índice de masa corporal actual; perda de peso recente non voluntaria; coñecemento da inxesta alimentaria recente.
b) A utilización deste protocolo estará incluído nos obxectivos de calidade de cada centro sanitario.
c) O resultado do cribado deberá ser rexistrado na historia clínica do e da paciente, co fin de ter información continuada.
 
Este protocolo será de aplicación especial no caso do seguimento de pacientes pediátricos.
 
2. Establecer un plan de coidados individualizados nos e nas pacientes diagnosticados en risco nutricional.
 
3. Desenvolver un programa de formación para profesionais sanitarios sobre os diferentes métodos de avaliación de estado nutricional, e a repercusión sobre o estado do e da paciente en termos de recuperación e non recaída.
 
4. Someter a control específico de cada centro hospitalario a calidade da alimentación recibida polos e polas pacientes a través do servizo de cociña.
 
5. Implantar un protocolo de avaliación da inxesta de alimentos por parte dos e das pacientes ingresadas, para coñecer a súa evolución nutricional durante a súa estancia nos centros sanitarios."

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina