Santiago, 27 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia habilitou na súa páxina web unha plataforma para que a cidadanía poda formular suxesións, inquedanzas ou reflexións á Comisión especial non permanente de estudo sobre a seguridade viaria de Galicia.
Esta medida está contemplada no Plan de traballo da Comisión de seguridade viaria e constitúe un paso máis na política de participación cidadá do Parlamento de Galicia, unha das máis avanzadas de todas as Cámaras autonómicas.
O espazo de participación cidadá na Comisión especial non permanente de estudo sobre a seguridade viaria de Galicia está dispoñible no seguinte enlace:
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia