saltar ao contido

Embaixadores de países da área Asia-Pacifico visitan o Parlamento de Galicia

• Foron recibidos polo presidente da Cámara, Santalices Vieira

Santiago, 7 de xullo de 2017.- Embaixadores e outros diplomáticos acreditados en España de países da área Asia-Pacífico visitaron este mediodía o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, que estivo acompañado por integrantes da Mesa.
 
A visita enmárcase nun programa de actividades que esta delegación diplomática desenvolve hoxe en Galicia no marco dunha estratexia encamiñada á promoción exterior dos recursos da  Comunidade Autónoma.
 
O presidente do Parlamento de Galicia explicoulles a historia, composición e funcionamento do Lexislativo galego.  Santalices tamén lles amosu a sede do Parlamento de Galicia  e respondeu ás cuestións suscitadas polos diplomáticos.
 
A delegación que hoxe visitou o Parlamento está integrada polos/as embaixadores/as de Kasajstán, Indonesia   Tailandia, India, Vietnam, Filipinas e Nova Zelanda; a agredada comercial de Indonesia; o encargado de negocios ad interim da embaixada de Australia, o ministro conselleiro encargado de negocios da embaixada de  Afganistán e o ministro conselleiro da embaixada de Irán.
 
 
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina