saltar ao contido

Acordos da Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, celebrada o 7 de setembro de 2017

A Comisión 2.ª, Ordenación Territorial, Obras Públicas, Medio Ambiente e Servizos, na súa sesión do 7 de setembro de 2017, adoptou os seguintes acordos:
 
Procedementos de control e impulso
 
Proposicións non de lei en Comisión
 
Aprobación por unanimidade con modificacións
 
- 11169 (10/PNC-001164)
Grupo Parlamentario de En Marea
Sánchez García, Antón e 4 máis
Sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co financiamento das obras de construción e conexión ferroviaria ao porto exterior da Coruña, así como a modificación do Real decreto 707/2015, para os efectos de amparar a axuda e o financiamento directo de Portos do Estado ás obras de accesibilidade terrestre aos portos
BOPG n.º 140, do 05.07.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada con modificacións respecto do texto orixinal, pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:
 
1.  Demandar do Goberno do Estado-Portos do Estado unha dotación orzamentaria no plan de investimentos para o ano 2018 e seguintes que garantan a execución inmediata das obras de conexión ferroviaria ao Porto Exterior da Coruña.
 
2. Demandar da Xunta de Galicia, do Goberno do Estado e do Concello da Coruña a que, no marco dunha Comisión para a revisión dos Convenios urbanísticos do 2004,  definan, concreten e propoñan un novo plan de financiamento das obras de construcción do porto exterior de Punta Langosteira, incluíndo a viabilidade dunha quita na débeda con Portos do Estado e a asunción polo Estado do máximo financiamento posible a ditas obras, tamén as de accesos a Punta Langosteira, de conformidade co que permiten na actualidade os novos Regulamentos UE."

Aprobación por unanimidade sen modificacións
 
- 10445 (10/PNC-001082)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Bará Torres, Xosé Luís e 5 máis
Sobre a demanda ao Goberno do Estado en relación coa aprobación do proxecto e execución das obras de urbanización da estrada
N-550 ao seu paso polo lugar da Ponte, en Padrón
BOPG n.º 132, do 21.06.2017
 
Sométese a votación e resulta aprobada sen modificacións pola unanimidade dos 12 deputados e deputadas presentes.
 
O texto aprobado é o seguinte:
 
"O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a que se dirixa ao Goberno do Estado demandando a aprobación do proxecto e execución das obras de urbanización da estrada N-550 ao seu paso polo lugar da Ponte (Padrón)."
 

Imaxes relacionadas

saltar ao pe de páxina