Santiago, 16 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia acolleu este mediodía unha concentración de un minuto de silencio en memoria das persoas que perderon a vida nos incendios forestais que afectan á Comunidade.
Encabezada polo presidente do Parlamento, Miguel Ángel Santalices Vieira, a concentración contou coa participación dos portavoces parlamentarios, deputadas e deputados, e persoal da Cámara e do Valedor do Pobo.
Saúdos, Gabinete de Comunicación do Parlamento de Galicia.